Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 19 de agosto de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 332 de clasificación do monte de Abeleiras, pertencente ó lugar de Abeleiras, parroquia de Vaos, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente 332 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: De Abeleiras.

Comunidade: Abeleiras.

Parroquia: Vaos.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 29,75 ha.

Lindeiros:

Parcela I: superficie 23,25 ha. É a parcela II do monte Vaos, nº 103-C do C.U.P.

Norte: do piquete nº 50 ó 62 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares de veciños de Abeleiras.

Leste: do piquete nº 62 ó 72 seguindo a orde de piquetes, con monte de Alborés e propiedades particulares de veciños de Abeleiras.

Sur: do piquete nº 72 ó 73, con propiedades particulares de veciños de Abeleiras.

Oeste: do piquete nº 73 ó 79 seguindo a orde de piquetes, do 79 ó 48, deste último ó 50 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares de veciños de Abeleiras.

Parcela II: superficie 6,50 ha. É parte do monte Aro, nº 103-B do C.U.P.

Norte: do marco azul situado a 50 m do piquete nº 127 na liña do deslindamento en dirección ó nº 128, ata o piquete nº 127, deste ó 132 seguindo a orde de piquetes, e deste ó 1, con propiedades de veciños de Abeleiras.

Leste: do piquete nº 1 ó 4 seguindo a orde de piquetes, con propiedades de veciños de Vilar de Castro.

Sur: do piquete 4 ó 121 seguindo unha liña recta duns 200 m, e deste ó 122, con resto do monte Aro e propiedades de veciños de Lago.

Oeste: do piquete nº 122 seguindo 84 m polo muro de terra ata marco branco, segue 114 m polo muro de terra ata marco mouro, e deste 50 m polo muro de terra ata o marco azul, a uns 50 m do piquete nº 127 sobre a liña do deslindamento, co resto do monte Aro.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimiento da orde do instructor, do 19 de agosto de 1996, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten que os asisten en relación co monte, aportando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 19 de agosto de 1996.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

7038