Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 19 de agosto de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 331 de clasificación do monte Cives de Arriba, Cives de Abaixo, Sande e Mundín, pertencentes ó lugares de Cives de Arriba, Cives de Abaixo, Sande e Mundín da parroquia de Colúns, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente 331 de

clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Cives de Arriba, Cives de Abaixo, Sande e Mundín.

Comunidade: Cives de Arriba, Cives de Abaixo, Sande e Mundín.

Parroquia: Colúns.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 534 ha.

Lindeiros:

Procede do monte Ruña, nº 103-K do C.U.P.

Parcela I. Cunha superficie de 64 ha.

Norte: desde o piquete nº 839 do deslindamento, no denominado Rego de Ganso, en liña recta ata o punto denominado Fonte das Carballosas, e deste en liña recta ata o piquete nº 700 do deslindamento, no denominado Lombo de Genlle, co resto do monte Ruña.

Leste: do piquete nº 700 ó 776 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares dos lugares de Cives de Arriba e Cives de Abaixo.

Sur: do piquete nº 776 ó 787 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares dos lugares de Cives de Arriba e Cives de Abaixo.

Oeste: do piquete nº 787 ó 839 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares dos lugares de Monteagudo e Cives.

Parcela II. Superficie 470 ha.

Norte: desde o piquete nº 1.539, en liña recta ata o punto coñecido como Poza da Lagoa, segue por restos de muro ata o punto coñecido como Pedras Petonco, segue restos de muro ata o piquete nº 885, no paraxe coñecido como Prado da Torre, con resto do monte Ruña. Do piquete nº 885 ó 890 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares do lugar de Monteagudo.

Leste: desde o piquete nº 890 ó 1.525 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares dos lugares de Monteagudo, Cives, Sande, Mundín e Pontenova.

Sur: desde o piquete nº 1.525 ó 1.529 seguindo a orde de piquetes, co monte Ruña de Beba, nº 103-J do C.U.P., da parroquia de Beba.

Oeste: desde o piquete nº 1.529 ó 1.539 seguindo a orde de piquetes, con monte Pedregal e Ruña, nº 103-H do C.U.P., da parroquia de Arcos.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimiento da orde do instructor, do 19 de agosto de 1996, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento

do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, aportando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 19 de agosto de 1996.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Federico Sánchez Rodríguez

Instructor do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

7037