Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 19 de agosto de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 330 de clasificación dos montes Xián, Furiño, Gándara e Reveiratorta, pertencentes ó lugares de Xián, Furiño, Gándara e Reveiratorta, parroquia de Arcos, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente 330 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Xián, Furiño, Gándara e Reveiratorta.

Comunidade: Xián, Furiño, Gándara e Reveiratorta.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 247 ha.

Lindeiros:

Parcela I: cunha superficie de 167,16 ha. E parte da parcela I do Pedregal e Ruña, nº 103-H do C.U.P.

Norte: do piquete nº 160 do deslindamento ó 166 seguindo a orde de piquetes, e deste ó 1, con propiedades particulares dos lugares de Vilarcovo, Castrelo e Furiño.

Leste: do piquete nº 1 ó 15 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares do lugar de Vilarcovo e monte Ruña da parroquia de Colúns.

Sur: do piquete nº 15 ata ó 141, seguindo o Rego de Reveiratorta, co resto do monte Pedregal e Ruña.

Oeste: do piquete nº 141 ó 160 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares dos lugares de Reveiratorta e Furiño.

Parcela II: superficie 79,84 ha. Coincide coa parcela II do Pedregal e Ruña, nº 103-H do C.U.P.

Norte: do piquete nº 190 do deslindamento ó 203 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares do lugar de Furiño.

Leste: do piquete nº 203 ó 207 seguindo a orde de piquetes, deste ó 167, e do 167 ó 170 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares dos lugares de Furiño e Reveiratorta.

Sur: do piquete nº 170 ó 175 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares do lugar de Reveiratorta.

Oeste: do piquete nº 175 ó 190 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares de Enxilde, Gándara e Xián.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimiento da orde do instructor, do 19 de agosto de 1996, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, aportando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 19 de agosto de 1996.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Ramón Olano Calleja

Instructor do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

7036