Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 11 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias LU-103/96, e dúas máis, devoltos polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto os seus destinatarios.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancinador que se instrúe por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu regulamento de 1955 (modificado polo R.D. do 7 de maio de 1976).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

Lugo, 11 de setembro de 1996.

Mauricio Alonso Troncoso

Instructor

ANEXO

Precepto

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoInfrinxidoSancionadorSanción

proposta

LU-103/96Manuel Caride Pérez

DNI: 34.940.356

Avd. Buenos Aires, 238

Ourense

Atoparse o día 19 de febreiro de 1996 no recinto feiral de Palas de Rei, e exerce-la actividade de operador comercial (tratante) sen te-lo carné de tratante.Artigos 65, 195 e 196 do regulamento da Lei de epizootias.Artigo 213 do regulamento da Lei de epizootias.50.000
LU-186/96Faustino Jiménez Jiménez

DNI: 32.310.548

c/ Covadonga, 1-3ª fase, 3º

Ourense

Tranporta-lo día 24 de abril de 1996 no camión matrícula LU-9130-H, tres animais equinos desde Escairón e Monforte ata Ourense, e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.Artigo 32 do regulamento da Lei de epizootiasArtigo 212 do regulamento da Lei de epizootias25.000
LU-193/96Faustino Jiménez Jiménez

DNI: 32.310.548

c/ Covadonga, 1-3ª fase, 3º

Ourense

Tranporta-lo día 5 de maio de 1996 no camión matrícula LU-9130-H, tres animais equinos desde Ourense ata a feira de Chantada, e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.Artigo 32 do regulamento da Lei de epizootiasArtigo 212 do regulamento da Lei de epizootias15.000

7035