Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 19 de agosto de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 334 de clasificación do monte de Suevos, pertencente ó lugar de Suevos, parroquia de Coiro, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente 334 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: De Suevos.

Comunidade: Suevos.

Concello: Coiro.

Superficie: 106 ha.

Lindeiros:

É parte do monte Cadaval, Ruña e outros, nº 103-D do C.U.P.

Norte e oeste: desde o punto denominado Cruz de Servo Saído, próximo ó piquete nº 253, en liña recta ata o piquete nº 179, co monte da comunidade de Manda.

Leste: do piquete nº 179 ó 185 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares de veciños de Suevos.

Sur: desde o piquete nº 185 seguindo devasa ata o piquete nº 251 situado no lugar denominado Seixos Brancos, con máis monte Cadaval, Ruña e outros. Desde o piquete nº 251 seguindo a orde de piquetes ata o 253 e deste ó punto Cruz de Servo Saído, co termo do concello de Muros.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimiento da orde do instructor, do 19 de agosto de 1996, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, aportando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 19 de agosto de 1996.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Federico Sánchez Rodríguez

Instructor do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

6866