Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 10 de setembro de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Madroa e Guía, pertencentes á parroquia de San Salvador de Teis (concello de Vigo).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión celebrada o día 23-9-1992, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Vigo.

Parroquia: San Salvador de Teis.

Nome dos montes: Madroa e Guía.

-Monte Madroa.

Cabida: 58,83 ha.

Lindes:

Norte: propiedades particulares.

Sur: parroquia de Candeán e propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares e parroquia de Candeán.

Oeste: propiedades particulares.

-Monte A Guía.

Cabida: 5,14 ha.

Lindes:

Norte: propiedades particulares e zona militar.

Sur, leste e oeste: propiedades particulares e municipais.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración, contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación co monte de referencia, todo isto de acordo co disposto no artigo 11 da Lei do Parlamento de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o artigo 23.2º do Decreto 26O/1992, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 10 de setembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes en Man Común de Pontevedra

7042