Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 04 de outubro de 1996 Páx. 8.864

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de setembro de 1996 pola que se autoriza o cesamento de actividades, no nivel de primaria/EXB, do centro privado Vigo, de Vigo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Vigo de Vigo en solicitude de cesamento de actividades, para o nivel de primaria/EXB, no dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 10 de outubro de 1974, a autorización

condicionada para oito unidades de educación xeral básica.

Visto o Decreto 133/1995, do 10 de maio, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (DOG do 22) e demais disposicións complementarias.

Considerando que os alumnos do centro non van atopar problemas de escolarización, polo que a continuidade da ensinanza non se prexudica. Esta consellería,

DISPÓN:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades, no nivel de primaria/EXB, do centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Travesía de Vigo, 6 e 15.

Denominación: Vigo.

Titular: Sociedad Mercantil Colegio Vigo, S.A.

Autorización do cesamento de actividades, no nivel de primaria/EXB, do centro.

6900