Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 04 de outubro de 1996 Páx. 8.865

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de setembro de 1996 pola que se autoriza o cambio de titularidade e denominación do centro privado de formación profesional Vivas, de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado por María de los Remedios Vivas de la Funte, titular do centro privado de formación profesional Vivas de Vigo, Pontevedra, en solicitude de cambio de titularidade e denominación do dito centro.

Resultando que mediante escritura pública notarial de cesión de titularidade, outorgada ante notario do Ilustre Colexio da Coruña Gerardo García-Boente Sánchez, María de los Remedios Vivas de la Funte cede a súa titularidade, para tódolos efectos, a favor de Juan Sánchez Vivas e Teresita del Niño Jesús Clementina Sánchez Vivas.

Resultando que a Inspección Educativa informou favorablemente o cambio solicitado, sendo tamén favorable a proposta da delegación provincial.

Vistos o Real decreto 401/1979, do 13 de febreiro, o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), e a Orde do 20 setembro de 1995 (DOG do 15

de decembro), e demais disposicións complementarias.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado de formación profesional Vivas de Vigo, Pontevedra, que no sucesivo será ostentado por Juan Sánchez Vivas e Teresita del Niño Jesús Clementina Sánchez Vivas, con tódolos dereitos e obrigas contraídas por la cesionaria María de los Remedios Vivas de la Funte, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre a anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

Segundo.-Autoriza-lo cambio de denominación do centro Vivas, pola de Vivas, S.L., que ostentará no sucesivo.

Terceiro.-O cambio de titularidade e denominación non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria,

9606841