Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 04 de outubro de 1996 Páx. 8.864

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de agosto de 1996 pola que se crea o centro privado de formación profesional específica denominado POVISA Formación Profesional en Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente presentado por Fermín Piay Rodríguez, director xeral do Policlínico Vigo, S.A. (Povisa) de Vigo, polo que solicita a creación dun centro de formación profesional específica para impartir ciclos formativos da familia sanitaria.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991 (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 546/1995, do 7 de abril (BOE do 5 de xuño), polo que se establece o título de técnico en coidados auxiliares de enfermería; Real decreto 538/1995, do 7 de abril (BOE do 3 de xuño), polo que se establece o título de técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) sobre autorización de centros privados e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o dito decreto.

Tendo en conta o informe favorable da Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos e por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros. Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo centro de formación profesional específica denominado Povisa formación profesional segundo os datos que no anexo se especifican.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Domicilio: Rúa Salamanca, 5.

Titular: Policlínico Vigo, S.A (POVISA).

Unidades: 4 unidades de formación profesional específica.

6873