Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 03 de outubro de 1996 Páx. 8.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 30 de xullo de 1996, adoptou o seguinte acordo en exercicio da competencia delegada polo artigo 2 da Lei do parlamento de Galicia 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo:

1. Aprobar, con carácter definitivo o documento refundido redactado polos servicios técnicos municipais polo que se introduce unha modificación puntual no P.E. 1, área lindante coa ría do Burgo, que ten por obxecto incorporar a este un vial de dous carrís, cunha sección de 13 metros, así como a localizacón exacta das pasarelas peonis de comunicación do paseo fluvial co paseo marítimo.

Introdúcese neste documento obxecto de aprobación definitiva, respecto do que foi obxecto de aprobación inicial, unha modificación derivada do informe emitido pola Xefatura Provincial de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, consistente en despraza-la glorieta proxectada no p.q. 600,420 da estrada AC-211, 200 m, en dirección A Coruña, situándoa no p.q. 600,220, punto de intersección das estradas AC-211 y AC-212, o que se reflicte tanto nos planos como na documentación escrita, quedando redactado o último parágrafo do punto 3 do documento na seguinte forma:

Establecéndose un largo de 13 m e afectando ó ámbito do P.E.1 nunha lonxitude de 730 m, que se prevé desde Os Muíños de Acea da Ma, ata a altura da LC-211 coa LC-212, incorporándose á LC-211 logo de supera-la vía do ferrocarril A Coruña-Lugo e as dúas glorietas previstas.

2. Establécese a precisión, de acordo co informe da Dirección Xeral de Costas, de que, por supoñe-la modificación proposta ocupación de dominio públi

co marítimo-terrestre, debe obterse o correspondente título concesional previamente á súa execución.

3. Publica-lo acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e comunicalo con traslado do expediente tramitado y dous exemplares dilixenciados do documento aprobado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, quedando condicionada a súa eficacia e entrada en vigor ó cumprimento destes trámites.

4. Determinar, de acordo co establecido no artigo 6 da Lei 7/1995, anteriormente citada, que o acordo adoptado pon fin á vía administrativa, pode ser directamente recorrible ante a xurisdicción contencioso-administrativa.

Culleredo, 2 de setembro de 1996.

Julio Sancristán de Diego

Alcalde

6768