Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 03 de outubro de 1996 Páx. 8.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 30 de xullo de 1996, adoptou o seguinte acodo en exercicio da competencia delegada polo artigo 2 da Lei do Parlamento de Galicia 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo:

1. Aprobar, con carácter definitivo, o documento refundido redactado polos servicios técnicos municipais polo que se introduce unha modificación puntual no P.E. 2, área lindante coa Ría do Burgo, que ten por obxecto incorporar a este os viais recollidos no PAU e PP da área 3 de SUNP.

2. Establécese a precisión, de acordo co informe da Dirección Xeral de Costas, de que, por supoñe-la modificación proposta ocupación de dominio público marítimo-terrestre, debe obterse o correspondente título concesional previamente á súa execución.

3. Publica-lo acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e comunicalo con traslado do expediente tramitado e dous exemplares dilixenciados do documento aprobado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, quedando condicionada a súa eficacia e entrada en vigor ó cumprimento destes trámites.

4. Determinar, de acordo co establecido no artigo 6 da Lei 7/1995, anteriormente citada, que o acordo adoptado pon fin á vía administrativa, pode ser directamente recorrible ante a xurisdicción contencioso-administrativa.

Culleredo, 2 de setembro de 1996.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde