Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 03 de outubro de 1996 Páx. 8.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de setembro de 1996 de notificación do requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente: C-81/050, conta 44 e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan.

Por aplicación do artigo 142 do Regulamento de VPO antes citado, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concédeselles ós interesados un prazo de 10 días hábiles para que se poñan ó día no pagamento ou comparezan en trámite de audiencia na delegación provincial correspondente para os efectos de presentaren os documentos e xustificacións que consideren conveniente para o seu dereito.

Advírteselles que, no caso contrario, se procederá á resolución do seu contrato e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, nos casos en que proceda para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Faíselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

-Ricardo Tenreiro Calvo

Expte: C-81/050. Cta. 44

Rúa Españoleto, bloque 1, portal 2, 7º D

Ferrol - A Coruña

915.414 ptas.

-Juan Orozco Tovar

Expte: C-1-CD/70, Cta 668.

Polígono de Elviña II fase, bloque 12, portal 7, 1º Esquerda.

A Coruña

150.831 ptas.

-Antonio Otero Penelas

Expte: PO-81-010, Cta 52.

Rúa Alemania, bloque B-1, 2º D

Monteporreiro

Pontevedra

586.343 ptas.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

6767