Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 02 de outubro de 1996 Páx. 8.821

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 31 de xullo de 1996 pola que se convocan cento catorce cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no DOG nº 158, do 13 de agosto de 1996, é oportuno efectua-la seguinte modificación:

Na páxina 7.706, no apartado referente á acción formativa acreditación de centros e servicios sanitarios (1 curso), logo do apartado 4 referente a destinatarios preferentes, debe incluírse o seguinte:

«5º Criterio preferente para determina-la prioridade dos solicitantes:

1. Que exista unha relación directa entre as tarefas que realiza o solicitante no desempeño do seu posto de traballo actual e o contido básico e obxectivos do curso.

2. De existir un número maior de solicitantes seleccionados que de prazas, terán prioridade os profesionais que teñan realizado o menor número de cursos sobre a mesma materia.

3. De continuar existindo un número maior de solicitudes que de prazas, terán prioridade en primeiro lugar, os profesionais que presten os seus servicios con praza en propiedade e en segundo lugar os profesionais interinos en vacante ou con nomeamento temporal.

4. De existir, aínda, un número maior de solicitudes que de prazas convocadas, terán prioridade os profesionais que acrediten unha maior antigüidade os servicios prestados no sistema nacional de saúde.

5. Por último, en caso de empate, resolverase por sorteo.».

7057