Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 02 de outubro de 1996 Páx. 8.814

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación e no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da carpintería de ribeira.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector da carpintería de ribeira, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-8-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Madeira (Asema), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., U.G.T. e data 20-6-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu deposito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 19 de agosto de 1996.

Ramón Hermo Rey

Delegado provincial de Pontevedra en funcións

Convenio colectivo de Carpintería de ribeira da provincia de Pontevedra para 1996

Artigo 1º.-Partes asinantes.

1. Son partes asinantes do presente convenio, en representación empresarial: a Asociación Provincial de Empresarios da Madeira (ASEMA) e, representando os traballadores, as centrais sindicais: Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO.).

2. Ámbalas dúas partes recoñécense mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

1. Territorial: afectará a tódalas empresas da provincia de Pontevedra.

2. Funcional: o convenio é de aplicación a tódalas empresas do sector de carpintería de ribeira incluídas no anexo I, ámbito funcional do convenio estatal do sector da madeira, BOE do 20 de maio de 1996.

3. Persoal: afectará a totalidade do persoal que preste os seus servicios nas empresas afectadas.

Artigo 3º.-Ámbito temporal e denuncia.

1. Terá unha duración desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1996. A vixencia será a da totalidade da súa duración.

Co fin de evita-lo baleiro normativo, denunciando o convenio e ata que non se logre acordo expreso, perderán vixencia as súas cláusulas obrigacionais, manténdose as normativas ata a sinatura do convenio que o substitúa.

2. A denuncia para propo-la revisión do presente convenio, deberá ser presentada por calquera das partes deliberantes cunha antelación mínima de tres meses. Desta comunicación enviarase copia, para efectos de rexistro, á Delegación Provincial da Consellería de Relacións Laborais.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

Por seren as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e quedará sen efecto no suposto de que a xurisdición competente anulase ou invalidase algúns dos seus pactos. Se se dese tal suposto, as partes signatarias deste convenio comprométense a reunirse dentro dos 10 días seguintes ó da firmeza da resolución correspondente, co obxecto de resolve-lo problema presentado.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense co carácter de mínimas.

Os pactos ou situacións existentes en calquera empresa, que no seu conxunto impliquen condicións máis beneficiosas, respecto ás convenidas, serán respectadas.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Créase unha comisión paritaria composta por un máximo de doce membros que serán designados por metade por cada unha das partes, sindical e empresarial, na forma que decidan as respectivas organizacións e coas funcións que se especifican no artigo seguinte.

A comisión paritaria terá as seguintes funcións:

A) Vixilancia e seguimento deste convenio.

B) Interpretación da totalidade dos preceptos do presente convenio.

C) Cantas outras funcións de maior eficacia práctica do presente convenio se deriven do estipulado no seu texto e anexos que forman parte deste.

Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por maioría das partes e aqueles que inter

preten este convenio terán a mesma eficacia que a norma que fora interpretada.

Como trámite que será previo e preceptivo a toda a actuación administrativa ou xurisdiccional que se promova, as partes signatarias do presente convenio obríganse a pór en coñecemento da comisión paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos, de carácter xeral, puidesen presentarse coa interpretación e aplicación deste convenio colectivo, sempre que sexa da súa competencia, conforme o establecido no apartado anterior, co fin de que mediante a súa intervención, se resolva o problema presentado, ou se iso non fose posible, emita dictame ó respecto. O dito trámite previo, entenderase cumplido no caso de que transcorrese o prazo previsto no seguinte apartado, sen que emitise resolución ou dictame.

Establécese que as cuestións propias da súa competencia que se promovan perante a comisión paritaria adoptarán a forma escrita e o seu contido será o suficiente para que poida examinar e analiza-lo problema co necesario coñecemento de causa, debendo ter como contido obrigatorio:

a) Exposición sucinta e concreta do asunto.

b) Razóns e fundamentos que entenda lle asisten ó propoñente.

c) Proposta ou petición concreta que se formule á comisión.

Ó escrito-proposta acompañaranse cantos documentos se entendan necesarios para a mellor comprensión e resolución do problema.

A Comisión poderá solicitar por vía de ampliación canta información ou documentación considere pertinente para unha mellor e máis completa información do asunto, para este efecto concederáselle un prazo ó propoñente que non poderá exceder de cinco días hábiles.

A comisión paritaria, unha vez recibido o escrito-proposta, ou, se é o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a 20 días hábiles para resolve-la cuestión suscitada, ou se iso non fose posible, emiti-lo oportuno dictame.

Transcorrido o dito prazo sen terse producido resolución nin dictame, quedará aberta a vía administrativa ou xurisdiccional competente.

Cando sexa preciso evacuar consultas o prazo poderá ser ampliado no tempo que a propia comisión determine.

Artigo 7º.-Condicións xerais de ingreso.

1. O contrato de traballo poderase celebrar nas diferentes formas establecidas pola normativa laboral en cada momento, formalizándose por escrito nos supostos que recolla a lexislación e conforme a esta, entregando copia deste contrato ó interesado.

2. Realizaranse por escrito as prórrogas que se formalicen, así como o aviso previo de finalización do contrato.

O contrato de traballo deberá formalizarse antes do comezo da prestación de servicios.

3. A empresa, logo do seu ingreso, poderá realizarlles ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas que considere necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e preparación é o axustado á categoría profesional e posto de traballo que vaia desenvolver.

4. O empresario entregaralles, nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato, ós representantes legais dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que se realicen.

5. As empresas quedan obrigadas a publicar no seu taboleiro de anuncios o modelo TC-2 correspondente ó último mes no que se fixera efectiva a liquidación.

Artigo 8º.-Contrato fixo do cadro de persoal.

Entenderase como contrato de traballo fixo de cadro de persoal o que se concerte entre a empresa e o traballador, para a prestación laboral durante tempo indefinido.

Artigo 9º.-Contrato de aprendizaxe.

O contrato de aprendizaxe que realicen as empresas comprendidas dentro do ámbito funcional do presente convenio, terá por obxecto a formación práctica e teórica do traballador contratado. O dito traballador non deberá ter ningún tipo de titulación, xa sexa superior, media, académica ou profesional relacionada co posto de traballo que vai desempeñar.

O contido do contrato, ó igual que as súas posibles prórrogas, deberá formalizarse por escrito, e figurará nel de modo claro, a actividade ou profesión obxecto de aprendizaxe.

En ningún caso se poderán realizar este tipo de contrato naquelas actividades nas que concorren circunstancias de tipo tóxicas, penosas, perigosas ou nocturnas. Tamén estará prohibida a realización de horas extraordinarias.

A idade do traballador, cun contrato destas características non poderá ser inferior a 16 anos nin superior a 22 anos.

a) A duración máxima será de 3 anos, xa sexan alternos ou continuados, cunha ou varias empresas dentro do ámbito funcional do sector do presente convenio.

b) Este tipo de contrato realizarase a tempo completo. O 15% do total da xornada adicarase a formación teórica. Concretaranse no contrato as horas e días adicados á formación. Así mesmo, especificarase o centro formativo, se é o caso, encargado do ensino teórico.

O ensino teórico, de ser posible, deberá ser previo á formación práctica ou alternarse con esta de forma racional.

No contrato deberá figura-lo nome e categoría profesional do titor ou monitor encargado da formación práctica. O titor deberá velar pola adecuada formación do aprendiz, así como de tódolos riscos profesionais.

O traballo efectivo que preste o traballador na empresa deberá estar relacionado coa especialidade ou obxecto do contrato.

d) O salario que vai percibi-lo aprendiz será o establecido nas táboas salariais deste convenio para a dita categoría, e en ningún caso poderá ser inferior ó 75%, 85% e 95% do salario do axudante do convenio colectivo, durante o primeiro, segundo e terceiro ano do contrato, respectivamente.

No caso de cesamento na empresa, entregaráselle ó traballador un certificado referente á formación teórica e práctica adquirida, en que constará a duración dela.

e) Mentres subsistan os pluses extrasalariais, estes percibiranse en contía íntegra durante os días que dure o contrato de traballo.

Artigo 10º.-Contrato de substitución por antecipación da idade de xubilación.

Por acordo entre empresa e traballador, este poderá xubilarse á idade de 64 anos e a empresa terá a obriga de contratar a un traballador que o substitúa, co obxecto de que o primeiro poida acollerse ós beneficios establecidos no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo ou á norma que puidese substituílo.

A representación dos traballadores e a empresarial pactan no presente convenio que, de calquera modo, a idade máxima para traballar será a de 65 anos, sen prexuízo de que poidan completarse os períodos de carencia para a xubilación.

Artigo 11º.-Contratos eventuais por circunstancias da producción.

1. De acordo co que dispón o artigo 15.1ºb) do texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro, a duración máxima dos contratos eventuais por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos poderá se ata 24 meses traballados dentro dun período de 30 meses.

2. Os contratos de duración inferior a seis meses poderán prorrogarse cantas veces as partes acorden, dentro deste período máximo, sen ningunha limitación temporal.

A partir dos seis meses de duración poderán concertarse prórrogas semestrais ata chegar ó período máximo de 2 anos. Se non existise prórroga ó vencemento dalgún dos prazos, entenderase o contrato prorrogado ata o límite máximo de 2 anos.

3. Os contratos celebrados con anterioridade á publicación do presente convenio poderán prorrogarse ata os 2 anos e coas condicións do presente artigo.

4. O sector da madeira, obxecto de regulación, resulta fluctuante na súa intensidade productiva en función das circunstancias coxunturais e cíclicas da economía. Esta conclusión conduce, inevitablemente, a que as posibilidades do sector se enmarquen no amplo concepto de esixencias circunstanciais do mercado que colevan transitorias acumulacións de tarefas ou exceso

de pedidos. Estas circunstancias resultan ser ciclicamente constantes no tempo e de relativa permanencia temporal dentro dos ciclos cambiantes da economía.

Por todo iso, as partes asinantes do presente convenio acordan proceder a unha adecuada regulación do contrato de traballo previsto no artigo 15.1ºb) do T.R.L.E.T. adaptándoo ás condicións singulares do sector da madeira, en tando persistan as circunstancias de emprego e productividade.

5. Á terminación do contrato, a empresa virá obrigada a satisfacerlle ó traballador unha indemnización de 20 días de salario por ano de servico ou a parte proporcional que lle corresponda.

6. Con independencia do establecido no parágrafo precedente os contratos de duración inferior a 4 meses non terá dereito a dita indemnización.

7. Os contratos que se celebren baixo esta modalidade conterán unha referencia expresa ó presente escrito.

Artigo 12º.-Contrato para obra ou servicio determinado.

De acordo coas competencias atribuídas pola Lei 1/1995, T.R.L.E.T., no seu artigo 15.1º.a) as partes asinantes do presente convenio conveñen en identificar determinados traballos ou tarefas con sustantividade propia dentro das actividades das empresas do sector, definidas como tales no artigo 11º do presente texto normativo.

En consecuencia, só se poderán realizar contratos ó abeiro do artigo 15.1º a) do E.T., é dicir, para obra ou servicio determinados, para as seguintes actividades:

a) Traballos de reparación das instalacións.

b) Para a realización dunha obra ou servicio determinado, con sustantividade propia fóra das instalacións da empresa, aínda tratándose da actividade normal dela incluíndose os labores na propia empresa, inherentas á preparación destas.

c) Traballos de rematantes, aserradoiros e industrias da madeira auxiliares de actividades agrarias, tales como envases e paletas para productos hortofrutícolas.

Artigo 13º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas afectadas por este convenio cando contraten os servicios de empresas de traballo temporal garantirán que os traballadores postos á súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles corresponden ós seus traballadores en aplicación do seu correspondente convenio colectivo. Esta obriga constará expresamente no contrato de posta a disposición celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria que estea vinculada polo presente convenio.

Artigo 14º.-Xornada.

A xornada laboral ordinaria será de 40 horas semanais de traballo efectivo realizadas de luns a venres.

Non obstante o establecido no parágrafo anterior, cando na mañá do sábado se teña que efectuar unha operación de varada ou lanzamento dun buque, o persoal necesario para realizala, a xuízo da empresa e o delegado de persoal, estará obrigado a iso, e será avisado o día anterior. Para estes efectos, entenderase como media xornada un máximo de catro horas.

Naquelas empresas nas que estea establecida a súa xornada de traballo de forma continuada, os traballadores terán dereito a un descanso de quince minutos, coñecido como tempo de bocadillo e que para tódolos efectos, será considerado como traballo efectivo.

Con vixencia exclusiva para 1996, consideraranse como non laborables e retribuídos os días 11 de outubro, 31 de outubro, 24 de decembro e 31 de decembro.

Por acordo entre empresa e representantes dos traballadores poderase modifica-la data de desfrute dalgún ou algúns dos días que se fixan como non laborables e retribuídos.

Artigo 15º.-Salarios.

Os soldos ou salarios do presente convenio serán os que figuran na táboa anexa.

Artigo 16º.-Revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos ó consumo establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1996 un incremento superior ó 4,3% a cifra que resultase do dito IPC ó 31-12-1995, efectuarase unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Tal incremento aboarase con efectos de 1º de xaneiro de 1996 servindo, por conseguinte, como base de cáculo pra o incremento salarial de 1997 e para levalo a cabo tomaranse como referencia os salarios ou táboas utilizadas para realiza-los aumentos pactados no dito ano. A revisión salarial realizarase sobre os conceptos retributivos que figuran no convenio.

A porcentaxe de revisión resultante gardará, en todo caso, a debida proporción en función do nivel salarial pactado inicialmente en cada convenio, co fin de que aquel se manteña idéntico no conxunto dos doce meses.

A revisión salarial aboarase nunha soa paga durante o primeiro trimestre de 1997.

Artigo 17º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio, que viñesen percibindo como premio de antigüidade, quinquenios na contía dun 7% sobre os salarios da táboa anexa, consolidarán as cantidades que viñesen percibindo ata o 30 de setembro de 1996. Na táboa anexa faise consta-lo valor dun quinquenio de cada unha das categorías profesionais para os efectos de cálculo da compensación que supón a desaparición deste concepto.

A partir do 30 de setembro de 1996 non se devengarán por este concepto novos dereitos, quedando, por tanto, suprimido.

Non obstante, os traballadores que tivesen xerado ou xeren antes do 30 de setembro de 1996 novos dereitos e contías en concepto da antigüidade, manterán a cantidade consolidada na dita data. A dita contía quedará reflectida na nómina de cada traballador como complemento persoal, baixo o concepto de antigüidade consolidada, e non será absorbible nin compensable.

Para compensa-la perda económica que supón a desaparición deste concepto calculouse na táboa anexa o equivalente a 8 anos, das bases e porcentaxes do concepto de antigüidade do presente convenio.

Artigo 18º.-Gratificacións extraordinarias.

Considéranse gratificacións extraordinarias os complementos salariais de vencemento periódico superior ó mes.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal, que serán aboadas, respectivamente, antes do 30 de xuño e do 20 de setembro e devengaranse por semestres naturais e por cada día natural en que se devengase o salario base.

Devengo de pagas:

Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

A contía destas pagas extraordinarias é a que figura nas táboas salariais deste convenio, incrementada, no caso que proceda, co plus de asistencia e antigüidade que corresponda.

A paga de marzo establecida neste convenio seguirase aboando na forma que se realizou ata a data e a razón de 24 días para tódalas categorías sobre os salarios da táboa anexa, aboándose o día laboral inmediatamente anterior ó 19 de marzo, nas mesmas condicións cás gratificacións de verán e Nadal.

Ó persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias conforme os criterios anteriores, no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

1. Son horas extraordinarias de forza maior aquelas que teñan unha realización motivada por un acontecemento extraordinario orixinado por causas alleas á propia actividade empresarial: incendio, inundación, explosión, derrube, etc.

2. Son horas extraordinarias estructurais as necesarias para pedir pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade, sempre que non poida ser substituída pola utilización de modalidades de contratación previstas na lei.

3. As horas extraordinarias, en todo caso pola súa natureza. serán voluntarias, excepto as que teñan a súa causa en forza maior.

4. O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, agás nos supostos de forza maior, non excederá de 80 ó ano.

A retribución das horas extraordinarias determinarase seguindo os seguintes criterios:

A) As realizadas en día laborable sufrirán un incremento do 50 % sobre o valor da hora ordinaria.

B) As realizadas en día non laborable sufrirán un incremento do que se pacte en cada empresa e sempre será superior ó valor da hora extra en día laborable.

O valor da hora ordinaria (VHO) calcularase de acordo coa seguinte fórmula:

SB/dx(365+PE)

VHO=

Xornada laboral máxima ordinaria

SB/d= salario base día.

PE= días pagas extras.

Poderase optar entre aboa-las horas extraordinarias, conforme o previsto no apartado 1 deste artigo ou compensalas con tempo de descanso retribuído. Se se exerce esta última opción por cada hora extraordinaria realizada nun día laborable haberá que compensarlle ó traballador cunha hora de 30 minutos de descanso retribuído; se a hora extraordinaria se realiza en día non laborable a compensación regulamentaria consistirá no valor equivalente en descanso en que teña a hora extraordinaria nos casos en que se opte pola súa retribución.

No caso de que o traballador teña horas de descanso acumuladas, o desfrute destas será o sempre pactado entre o empresario e o traballador.

Artigo 20º.-Plus de transporte.

Establécese para todo o persoal das empresas afectadas por este convenio un plus de transporte a distancia para cada día efectivamente traballado, repartido de luns a venres, a razón de 520 pesetas diarias. Non se terá dereito a este plus os días que se traballe menos de media xornada. No caso de traballar un sábado pagarase a parte proporcional, sendo o minimo media xornada.

Artigo 21º.-Desgaste de ferramentas.

As empresas que non entreguen ós seus traballadores as ferrementas necesarias para a realización do seu traballo e foran propiedade destes, aboarán en compensación ó desgaste delas 210 pesetas por día traballado.

Artigo 22º.-Plus de asistencia.

Establécese un plus de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio.

O dito premio consistirá unha cantidade mensual de 3.560 ptas. e a súa percepción estará suxeita ás seguintes regras:

1. Entenderase por falta de puntualidade cando o traballador non estea a toque de serea ou similar a disposición do encargado para comeza-la súa xornada laboral.

Tamén se entenderá falta de puntualidade a súa incorporación ata 30 minutos despois de iniciada a xornada de traballo.

2. Nos supostos anteriores, o traballador perderá o 5% do premio de puntualidade e asistencia por cada un dos retrasos.

Non obstante o parágrafo anterior, para efectos do plus de asistencia, a primeira falta de puntualidade non se computará en tanto non exceda de 30 minutos.

3. Se a incorporación do traballador se produce despois dos primeiros 30 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada perdéndose o 10% do premio cada vez que se produza a dita falta.

4. A falta de asistencia dunha xornada de traballo ocasionará a perda do 25% do premio.

5. Os permisos e licencias establecidos no Estatuto dos traballadores e convenio estatal do sector da madeira non serán considerados como falta de puntualidade e asistencia.

Artigo 23º.-Traballos penosos, molestos e toxicidade.

1. Ós traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos deberáselles aboar un incremento do 30% sobre o seu salario base. Se estas funcións se efectuasen durante a metade da xornada ou en menos tempo, o incremento será do 15%, aplicado ó tempo realmente traballado.

2. As cantidades iguais ou superiores ó incremento fixado nesta artigo que estean establecidas ou sexan establecidas polas empresas serán respectadas sempre que fosen concedidas polos conceptos de penosidade, toxicidade ou perigosidade, e neste caso non será esixible o aboamento dos incrementos fixados neste artigo.

3. Se por calquera causa desaparecesen as condicións de especial penosidade, toxicidade ou perigosidade deixarán de aboarse os indicados incrementos non tendo, por tanto carácter consolidable.

Artigo 24º.-Vacacións.

Fíxase o período de vacacións en 30 días naturais para tódalas categorías afectadas polo presente convenio, que se farán efectivas sobre o salario que se fixa na táboa anexa do convenio, incrementándose a dita cantidade cos aumentos de antigüidade e plus de asistencia. Non se computarán para efectos vacacionais os días fixados neste convenio como retribuídos e non laborables.

A retribución que se vai percibir por vacacións comprenderá o promedio da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de desfrute das vacacións, coa excepción das horas extraordinarias.

Os traballadores que cesen durante o transcurso do ano terán dereito a que na liquidación que se lles practique ó momento da súa baixa na parte empresa, se integre o importe da remuneración correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas.

Pola contra, e nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador tivese desfrutado das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique a parte correspondente ós días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral efectiva durante o ano.

Para efectos de devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal sexa cal for a causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase o dito dereito se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade temporal de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio aplicarase para os supostos de cesamento por finalización do contrato.

Artigo 25º.-Permisos e licencias.

O traballador, logo do aviso e xustificación poderá ausentarse do traballo, polo tempo e nas condicións establecidas no anexo II, cadro de permisos e licencias.

O aviso previo será sempre obrigatorio agás supostos e situacións excepcionais e imprevisibles que non permitan avisar previamente da ausencia, neste caso acreditarase no seu momento suficientemente.

Artigo 26º.-Accidentes de traballo.

As empresas aboaranlles ós productores accidentados por traballo, a partir do primeiro día do accidente, a diferencia que exista entre a prestación económica que perciba do seguro e a cantidade declarada para efectos de cotización á Seguridade Social na súa base de accidentes de traballo.

Artigo 27º.-Enfermidade.

As empresas aboaranlles ós traballadores a partir do décimo quinto día de enfermidade e mentres o pagamento da I.T. sexa por conta da empresa, a diferencia que exista entre a prestación que perciban desta e a cantidade declarada para efectos de cotización á Seguridade Social.

As empresas están obrigadas a aboa-lo 50% do seu salario durante os catro primeiros días da primeira baixa de cada ano. Para asistir ó médico especialista, o traballador terá dereito a catro horas ó día por cada unha das ocasións en que deba acudir a este e nos casos do médico de cabeceira terá dereito a dispor de ata 16 horas ó ano.

Artigo 28º.-Baixa hospitalaria.

No caso de baixa hospitalaria as empresas complementarán a prestación económica por incapacidade temporal que aboe a Seguridade Social ou a mutualidade patronal ata o 100% da base de cotización, mentres o pagamento da I.T. sexa por conta da empresa.

Artigo 29º.-Revisión médica.

Tódalas empresas estarán obrigadas a concertar unha revisión médica anual para os seus traballadores. Estes disporán, durante a xornada laboral e sen perda de retribución, do tempo necesario para efectua-lo mencionado recoñecemento. Os gastos de desprazamento necesarios serán por conta da empresa.

Artigo 30º.-Acción asistencial das empresas.

Para todo o persoal da empresa que levando como mínimo cinco anos de antigüidade nesta e tendo cumprida a idade mínima pensionable, solicite e obteña da mutualidade a xubilación regulamentaria, a empresa entregaralle un premio de vinculación nesta consistente no importe dunha mensualidade da retribución asignada para a súa categoría profesional na táboa de salarios do presente convenio, incrementada cos aumentos da antigüidade.

Por outra parte, terán dereito ó premio indicado no parágrafo anterior, os traballadores que tendo unha antigüidade como mínimo de dez anos sexan declarados polo organismo competente na situación de invalidez permanente para a profesión habitual ou para todo traballo.

Artigo 31º.-Axuda por falecemento.

No caso de falecemento dun traballador, debido á enfermidade común ou accidente non laboral, as empresas complementarán ata trinta días a axuda por defunción que con carácter xeral establece en quince días o Decreto do 2 de marzo de 1994, aboándose esta axuda no mesmo modo e contía que establece o dito decreto e cando o traballador falecido deixe algún dos familiares que a continuación se expresan segundo a orde de relación seguinte: viúva, descendentes lexítimos, lexitimados, ilexítimos e naturais recoñecidos, menores de 18 anos ou inútiles para o traballo, irmáns orfos menores da mencionada idade que estivesen ó seu cargo, solteiras ou viúvas, ascendentes pobres sen dereito á pensión, con tal que sexan sexaxenarios.

As empresas concertarán seguros colectivos de accidentes con primas integradas ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións: accidente laboral con resultado de morte, 1.150.250 de pesetas; accidente laboral con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez 1.723.000 pesetas.

Artigo 32º.-Roupas de traballo.

As empresas entregaranlles ós seus productores dúas fundas ou buzos e dous pares de botas de seguridade homologadas, por ano, ó cabo do cal pasarán a ser propiedade do traballador.

Artigo 33º.-Seguridade no traballo.

Tódolos traballadores están obrigados a levar e utiliza-las medidas de seguridade e protección que facilite a empresa, para evita-lo accidente de traballo. Especialmente significa-la obriga de leva-lo casco de protección e as botas de seguridade.

O incumprimento do presente artigo por parte dos traballadores considérase como falta e será sancionado segundo a lexislación vixente.

Artigo 34º.-Dereitos sindicais.

Os membros do comité de empresa e delegados de persoal terán, como representantes legais dos traballadores, dereito a dispor de 16 horas mensuais retribuídas como máximo para o exercicio das súas funcións de representación. Non obstante o parágrafo anterior, poderán acumularse cada mes as horas dos distintos membros do comité de empresa e, se é o caso, dos delegados de persoal, nun ou varios dos seus compoñentes, sen supera-lo máximo total, podendo ser relevado ou relevados do traballo sen prexuízo da súa remuneración.

As saídas efectuadas deberán de xustificarse debidamente.

Artigo 35º.-Solución extraxudicial de conflictos laborais.

As partes asinantes asumen o contido do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA), publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos do presente convenio co alcance previsto no propio AGA.

Artigo 36º.-Lexislación subsidiaria.

Ámbalas partes deliberantes comprométense a observa-la normativa xeral vixente e o convenio estatal do sector da madeira, BOE do 20 de maio de 1996.

ANEXO I

Carpintería de ribeira

Regularización táboas 1996

Salario baseAntigüidade

consolidada

Compensación

antigüidade

Salario total

-Xeral
Encargado3.361235753.436
Calafate2.949206663.015
Axudante de calafate2.878201642.942
Oficial 1ª3.138220703.208
Oficial 2ª2.949206663.015
Axudante2.878201642.942
Peón especializado2.849199642.913
Peón2.813197632.876
Aprendiz 2º ano2.425170542.479
Aprendiz 1º ano2.267159512.318

-Sección pintura
Encargado3.138220703.208
Oficial 1ª2.949206663.015
Oficial 2º2.920204652.985
Axudante2.878201642.942

-Administrativos
Xefe130.8099.1572.930133.739
Oficial 1ª115.3578.0752.584117.941
Oficial 2º93.5076.5452.09595.602
Auxiliar administrativo83.9185.8741.88085.798
Aspirante68.9334.8251.54470.477

-Subalternos
Capataz de peóns86.3156.0421.93388.248
Porteiros e almacenistas81.5235.7071.82683.349

ANEXO II

Cadro de permisos e licencias

Conceptos a devengar

Motivo de licenciaTempo máximoSalario

base

Pagas

extras

Comp.

Antig.

Incen.

(I)

Comp.

Conv.

Comp.

Ptrab.

Comp.

non Sal.

Xustificantes

Falecemento de pais, avós, fillos, netos cónxuxe, irmáns e sogros.Tres días naturais, ampliables ata 5 naturais no caso de desprazamento superior a 150 km.SiSiSiSiSiSiNoDocumento que acredite o feito

Conceptos a devengar

Motivo de licenciaTempo máximoSalario

base

Pagas

extras

Comp.

Antig.

Incen.

(I)

Comp.

Conv.

Comp.

Ptrab.

Comp.

non Sal.

Xustificantes

Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e avós.Tres días naturais, ampliables ata 5 naturais no caso de desprazamento superior a 150 km.SiSiSiSiSiSiNoXustificante médico que acredite o feito
Falecemento de noras, xernos, cuñados e avós políticos.Dous días naturais, ampliables ata 4 naturais no caso de desprazamento superior a 150 km.SiSiSiSiSiSiNoXustificante médico que acredite o feito.
Nacemento de fillo ou adopción.Tres días naturais, ampliables ata 5 naturais no caso de desprazamento superior a 150 km.SiSiSiSiSiSiNoLibro de famimlia ou certificado do xulgado.
Matrimonio do traballador.Quince días naturais.SiSiSiSiSiNoNoLibro de familia ou certificación oficial.
Cambio de domicilio habitual.Un día laborable.SiSiSiSiSiSiNoDocumento que acredite o feito
Deber inexcusable de carácter público ou personal.O indispensable ou que marque a norma.SiSiSiSiSiSiNoJustificante da asistencia.
Licencia ata nove meses.Ausencia dunha hora ou dúas fraccións de media hora; reducción de xornada en media hora.SiSiSiSiSiSiSiLibro de familia ou certificado de adopción.
Traslado (Art. 40 ET).Tres días laborables.SiSiSiSiSiSiNo
Matrimonio de fillos.O día natural.SiSiSiSiSiSiNoDocumento en que acredite o feito
Funcións sindicais ou de representación de traballadores.O establecido na norma.SiSiSiSiSiSiSiO que proceda.

(I) Media percibida no mes anterior.

9607056