Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 02 de outubro de 1996 Páx. 8.822

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1996 pola que se amplía o prazo de inscrición para participar en certos cursos de formación continua convocados para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde mediante Resolución do 31 de xullo de 1996.

Con data 13 de agosto de 1996 foi publicada a convocatoria de cento catorce cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, mediante resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 31 de xullo de 1996.

Finalizado o prazo de presentación de instancias o día 9 de setembro, advírtese que en determinados cursos o número de instancias formalizadas resulta substancialmente inferior ó número de prazas convocadas.

Co fin de acada-la máxima participación nos devanditos cursos,

DISPONSE:

Primeiro.-Amplia-lo prazo de presentación de instancias para os cursos que se relacionan, de conformidade coas datas referenciadas no anexo I que se xunta.

Segundo.-Así mesmo e en consonancia coa base V da resolución da convocatoria adaptanse os contidos de certos cursos coa finalidade de amplia-lo perfil de destinatarios preferentes, de conformidade co anexo II.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1996.

Valeriano Martínez García.

Director xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

ANEXO I

Acción formativaCentroPrazo

Traballo en equipo na atención primariaC. atención primaria Santiago de CompostelaAta o día 28-9-96
Traballo en equipo na atención primariaC. atención primaria OurenseAta o día 21-9-96
C. mínimo básico de datos de altas hospitalariasH. do MeixoeiroAta o día 11-10-96
Electrocardiografía prácticaC.H. Juan Canalejo-marítimo de OzaAta o día 28-9-96
Electrocardiografía básica para P. de EnfermeríaH. do Barco de ValdeorrasAta o día 28-9-96

Acción formativaCentroPrazo

Movemento e traslado de enfermosHospital Comarcal Monforte de LemosAta o día 28-9-96
Reanimación cardiopulmonar básicaC.H.A. Marcide-Prof. Novoa SantosAta o día 28-9-96
Reanimación cardiopulmonar básicaHospital Comarcal Monforte de LemosAta o día 28-9-96
Reanimación cardiopulmonarC.H. Juan Canalejo-Marítimo de OzaAta o día 11-10-96
Reanimación cardiopulmonarC.H.A. Marcide-Prof. Novoa SantosAta o día 11-10-96
Reanimación cardiopulmonarHospital Comarcal Monforte de LemosAta o día 11-10-96
Reaniomación cardiopulmonarHospital da CostaAta o día 21-10-96
Técnicas de xestión de cirurxía maior ambulatoriaC. H. Juan Canalejo-Marítimo de OzAta o día 5-10-96
Definición e método de traballo enfermero en A.P.C. Atención Primaria Santiago de CompostelaAta o día 26-10-96
Entrevistas clínicas na atención primariaC. Atención Primaria Santiago de CompostelaAta o día 5-10-96
Entrevistas clínicas na atención primariaC. Atención primaria Coruña-Ferrol. CoruñaAta o día 5-10-96
A saúde da muller na atención pimariaC. Atención prim,aria OurenseAta o día 5-10-96
Avaliación da función hepática no laboratorioHospital do MeixoeiroAta o día 26-10-96

ANEXO II

Acción formativaCentroDestinatarios preferentes

Reanimación cardiopulmonar básicaC.H.A. Marcide-Prof. Novoa SantosPersoal sanitario non facultativo de atención especializada ou atención primaria
Reanimación cardiopulmonar básicaHospital Comarcal Monforte de LemosPersoal sanitario non facultativo de atención especializada ou atención primaria

7137