Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 02 de outubro de 1996 Páx. 8.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1996, da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, pola que se modifican os apartados 6 e 8 da Resolución do 28 de agosto de 1996, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica do programa de comunicación para a implantación dos plans de emerxencia exterior nas industrias de risco químico de Galicia.

Modifícanse os apartados 6 e 8 da devandita resolución que quedan redatados como sigue:

6. Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Pre

sidencia e Administración Pública, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

8. Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 1996.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente

9606794