Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 30 de setembro de 1996 Páx. 8.755

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 26 de setembro de 1996 pola que se atribúe o exercicio de funcións en materia de asociacións e espectáculos públicos.

Polo Decreto 336/1996, do l3 de setembro, a Comunidade Autónoma de Galicia, asume as funcións e servicios en materia de asociacións e espectáculos públicos, traspasados mediante os reais decretos 1639/l996 e 1640/1996, do 5 de xullo, que lle foron asignados á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Neste decreto, facúltase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais a dictar cantas disposicións sexan necesarias para o seu desenvolvemento e adopta-las medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das funcións traspasadas.

Na súa virtude, co fin de lograr unha xestión máis áxil e eficaz en consonancia cos principios de economía, celeridade e eficacia que deben presidir toda actuación administrativa, faise necesario atribuír ós delegados provinciais determinadas competencias das que se asumen no Decreto 336/l996, no ámbito das súas respectivas provincias, e de acordo co anterior,

DISPOÑO:

Artigo lº.-Asignación de funcións.

Corresponderán ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no ámbito da súa respectiva provincia, exercita-las

funcións propias da consellería que se determinan no presente decreto.

Artigo 2º.-Espectáculos públicos.

En materia de espectáculos públicos, corresponderánlles ós delegados provinciais as funcións transferidas que viñan desempeñando os órganos da Administración periférica do Estado.

Artigo 3º.-Asociacións.

En materia de asociacións, corresponderánlles ós delegados provinciais as seguintes funcións que viñan desempeñando os órganos da Administración periférica do Estado:

a) O rexistro de tódalas asociacións que desenvolvan principalmente as súas actividades e teñan establecido o seu domicilio dentro do territorio da súa provincia, así como das súas modificacións estatutarias.

b) O exercicio da función da publicidade rexistral respecto ás ditas asociacións.

c) Realiza-las comunicacións ordinarias e preceptivas ó Rexistro Nacional de Asociacións nos casos que proceda.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1996.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Sres. Delegados Provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7043