Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 30 de setembro de 1996 Páx. 8.755

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 361/1996, do 26 de setembro, polo que se dispón que cese Rafael Urtasun Amann como director xeral xefe da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e seis.

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Rafael Urtasun Amann, como director xeral xefe da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, agradecéndole os servicios prestados.

Santiago de Compostela, vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7044