Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.572

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (360/1995).

Eu, Elma Ojea Muñiz, secretaria da Admón de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ribeira, dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia

En Ribeira, o vintenove de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Vistos pola xuíza Luisa María Pérez Rúa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira e o seu partido, os presentes autos de xuízo de separación matrimonial seguidos co nº 360/1995, por instancia de Rosa María Crujeiras Bóveda, representada pola procuradora Peleteiro Bandín, asistida polo letrado Quintáns Queiruga, contra Juan Bautista Sanles Paz, declarado en situación procesual de rebeldía, e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Vistos os preceptos de pertinente e xeral aplicación.

Decido: que, desestimando a demanda de separación matrimonial interposta pola procurada Peleteiro Bandín, en nome e representación de Rosa Mª Crujeiras Bóveda, contra o seu esposo Juan Bautista Sanles Paz, por falta de proba sobre os feitos e causa alegada para a formulación do proceso matrimonial, debo declarar e declaro non haber lugar a concede-la aspiración solicitada, deixando sen efecto as medidas reguladoras que puidesen recaer no curso do presente procedemento principal ou derivadas deste, unha vez firme a presente resolución, e todo iso sen facer especial pronunciamento en canto ás custas deste procedemento.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos dentro do termo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A sentencia anterior foi lida e publicada pola xuíza que a subscribe en audiencia pública do mesmo día da data.

E para que así conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía Juan Bautista Sanles Paz, expido e asino a presente cédula en Ribeira o vintenove de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

6055