Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.571

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do complexo hospitalario Santa María Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense convocado por Resolución do 8 de abril de 1996.

Os apartados 1 e 2 da base cuarta da resolución deste centro directivo do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense prevén que, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias para cada unha das categorías convocadas e clasificadas e revisadas estas, esta dirección xeral dicte resolución declarando con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos co motivo da exclusión para cada unha das ditas categorías, así como a súa publicación.

Por todo isto, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Declarar con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o acceso ás categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense convocado por Resolución do 8 de abril de 1996.

Segundo.-Os listados coa relación de aspirantes admitidos e excluídos, coas correspondentes causas de exclusión, poderán examinarse nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

d) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

e) No servicio de persoal do propio complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense.

Terceiro.-Os apirantes excluídos disporán dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

6056