Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 23 de setembro de 1996 Páx. 8.572

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DEZAOITO DE MADRID

EDICTO (335/1996).

En Madrid o dezanove de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Ofelia Ruiz Pontones, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número dezaoito de Madrid, vistos os autos arriba descritos en reclamación de despedimento, seguidos por instancia de Mª Isabel Artero Lozano, contra Antes y Después, S.L., pronunciou, en nome de el-Rei, a seguinte sentencia.

Antecedentes.

A demanda tivo entrada por quenda de reparto con data 8-5-1996, e admitiuse a trámite por providencia con data 9-5-1996, sinalándose para a celabración do acto de xuízo as 13 horas do día 18-6-1996, tendo lugar este coa comparecencia das partes arriba indicadas, alegacións, práctica de proba, e rematando en conclusións finais, solicitando sentencia de acordo cos seus intereses.

Feitos probados.

Primeiro. Mª Isabel Artero Lozano prestou servicios para Antes y Después, S.L., con antigüidade do 23-3-1995, categoría de oficial e salario de 587.750 ptas.

Segundo. Foi despedida o 28-3-1996, invocando a empresa a seguinte causa:

Por medio da presente, veño comunicarlle que decidimos proceder ó seu despedimento disciplinario da empresa na que vén prestando os seus servicios, Antes y Después, S.L., con efectos do día 28 de marzo de 1996, polos seguintes motivos:

1. Como Vde. ten cumprido coñecemento, actualmente se atopa exercendo o cargo de administradora solidaria da sociedade Isabel Artero, S.L., a cal ten o mesmo obxecto social cá na que Vde. se atopa traballando, é dicir, Antes y Después, S.L., polo que, é evidente, incorre Vde. nunha falta moi grave de concorrencia coa actividade da empresa, de conformidade co preceptuado no artigo 5 d) do Estatuto dos traballadores.

2. Desde o día 20 do presente mes, ausentouse do seu posto de traballo sen alegar causa xustificada para iso. Artigo 54.2º a) do ET.

3. Téñense detectado reiteradas faltas de puntualidade na súa incorporación ó posto de traballo. Artigo 54.2 a) ET.

Así mesmo, comunícolle que se atopan á súa disposición no domicilio da empresa, o saldo e liquidación que lle corresponde.

Terceiro. Non compareceu a empresa.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Queda acreditada a existencia de relación laboral pola achega da carta de despedimento, así como pola nómina do mes de marzo do ano 1996.

Segundo. A empresa non compareceu e non acredita a certeza dos feitos imputados na carta de despedimento e, por iso, declárase improcedente cos efectos previstos no artigo 56 ET.

Decisión.

En atención ó exposto, a maxistrada xuíza que subscribe decidiu:

Estimando a demanda, declaro improcedente o despedimento e condeno a empresa Antes y Después, S.L. a que, no prazo de 5 días, opte perante este xulgado entre a readmisión de Mª Isabel Artero Lozano ou o aboamento, como indemnización, de 881.624 ptas. e, en todo caso, os salarios de tramitación desde a data de despedimento á notificación da sentencia.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do de notificación da sentencia, e para iso deberá consigna-la cantidade de 25.000 ptas. na conta nº 5018250000, así como a cantidade importe da condena, na contía de fondos de anticipos reintegrables de sentencias recorridas, nº 5018, que ten aberta este xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, rúa Basílica nº 19 de Madrid, indicando nº de procedemento para a súa localización.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Rubricado

6604