Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.527

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 31 de xullo de 1996 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a temporada 1996-1997.

Advertidos erros no texto da dita orde, publicada no DOG nº 165, do 23 de agosto de 1996, procede face-las seguintes correccións:

1ª.-Na páxina 7.936, artigo 19º.-«Terreos nos que se prohibe o exercicio da caza», apartado. 1. «A Coruña:», onde di:

«... v) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na marisma de Carnota na área incluída dentro do perímetro da masa de auga.

O Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural da Coruña sinalizará os límites territoriais que comprende a prohibición....».

debe dicir:

«... v) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza na marisma de Carnota na área incluída dentro do perímetro da masa de auga.

w) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no encoro de Vilagudín, nos concellos de Cerceda, Ordes e Tordoia, na área incluída dentro dos 200 m da cota máxima do nivel de auga do encoro.

O Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural da Coruña sinalizará os límites territoriais que comprende a prohibición....».

2ª.-Na páxina 7.937, artigo 19º.-«Terreos nos que se prohibe o exercicio da caza», apartado 4. «Pontevedra:», onde di:

«a) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza nas illas Cíes e na illa de Ons».

debe dicir:

«a) Queda prohibido o exercicio de toda clase de caza no Parque Natural das illas Cíes e na illa de Ons».

3ª.-Na páxina 7.938, artigo 23º.-,onde di:

«... O uso de armas prohibidas ou outros medios proscritos constitúe un delicto ou ben falta de caza, por aplicación do artigo 46 do Regulamento de caza

e por isto tales conductas serán xulgadas polo órganos xurisdiccionais de carácter penal. ...».

debe dicir:

«... O uso de armas prohibidas ou outros medios proscritos, así coma tódolos delictos e faltas previstos na Lei 1/1970, de 4 de abril, de caza, non contidos na Lei orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do Código Penal terán a consideración de infraccións administrativas moi graves, por aplicación da disposición derrogatoria única, apartado 1.e), de dita lei orgánica, sancionándose con multa de cincuenta mil a cincocentas mil pesetas e retirada da licencia de caza, ou da facultade de obte-la, por un prazo de dous a cinco anos. ..».

6599