Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.528

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1996 pola que se aproba a inscrición de bibliotecas no Rexistro de Bibliotecas de Galicia.

Vista a proposta do director xeral de Promoción Cultural, en conformidade co establecido no artigo 4 da Orde do 4 de abril de 1995 (DOG nº 99 do 25 de maio), pola que se desenvolve o funcionamento do Rexistro de Bibliotecas de Galicia,

RESOLVO:

Aproba-la inscrición no Rexistro de Bibliotecas de Galicia dos centros que se relacionan no anexo comezando pola Biblioteca Pública Municipal de Leiro (Ourense), e rematando pola Asociación de Veciños O Pilar-Recimil, Ferrol (A Coruña).

Santiago de Compostela, 2 do setembro de 1996.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO

-Biblioteca Pública Municipal de Leiro (Ourense).

-Biblioteca Pública Municipal de Carral (A Coruña).

-Biblioteca Asociación Veciños do Camiño Ancho, A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

-Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso (A Coruña).

-Biblioteca Pública Municipal de Boiro (A Coruña).

-Biblioteca Pública Municipal de Tarrío (Culleredo), (A Coruña).

-Biblioteca Municipal Miguel González Garcés de Culleredo (A Coruña).

-Biblioteca Pública Municipal Forum Metropolitado da Coruña (A Coruña).

-Biblioteca Pública Municipal Castrillón da Coruña (A Coruña).

-Biblioteca Municipal Central El Viejo Pancho de Ribadeo (Lugo).

-Biblioteca Municipal de Castro Caldelas (Ourense).

-Biblioteca Asociación de Veciños O Pilar-Recimil, de Ferrol (A Coruña).

9606834