Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 20 de setembro de 1996 Páx. 8.527

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1996, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se autoriza a implantación de ciclos formativos en centros privados.

Estudiadas as propostas promovidas ó amparo da Orde do 22 de marzo de 1996 (DOG do 3 de abril), pola que se dictan normas referentes á renovación da oferta de ensinanzas experimentais durante o curso 1996-1997, procede prosegui-la implantación anticipada das ensinanzas establecidas na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

É polo que esta dirección xeral, por proposta da Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos,

RESOLVE:

Autoriza-la implantación dos ciclos formativos para o curso 1996-1997, nos centros privados que se relacionan:

1. A Coruña.

1.1. Colexio Karbo (A Coruña).

-Un ciclo formativo de grao medio Xestión administrativa da familia profesional Administración, para un máximo de 30 alumnos.

2. Pontevedra.

2.1. Seresco (Vigo).

-Un ciclo formativo de grao superior Desenvolvemento de aplicacións informáticas da familia profesional Informática, para un máximo de 30 alumnos.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1996.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

6613