Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 19 de setembro de 1996 Páx. 8.508

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (448/1994).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias civís consta a seguinte, cun encabezamento e pé do teor literal seguinte:

«Encabezamento.-Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de menor contía número 448/1994, a raíz da demanda interposta polo procurador Oscar García-Piccoli, en nome e representación de Cooperativa de Productos del Campo de Bugallido, asistido do letrado José Lorenzo Vázquez, contra José Miranda Gómez e Florinda Pereira Sánchez, declarados en rebeldía procesual, contra Manuel Constante González Garabato e Manuel Martínez Viéitez, representados polo procurador Merelles Pérez, asistidos do letrado Manuel Martín Gómez.

Decido, que debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador García-Piccoli, en nome e representación de Cooperativa de Productores del Campo de Bugallido, contra José Miranda Gómez e Florinda Pereira Sánchez, declarados en rebeldía procesual, a pagarlle solidariamente á demandante a cantidade de tres millóns dúascentas sesenta e dúas mil catrocentas sesenta e seis (3.262.466)

pesetas, mailos xuros pactados que se produciron e se produzan desde o 1-12-1993 ata o seu completo pagamento, así como as custas procesuais.

E debo desestimar e desestimo a dita demanda interposta contra Manuel Constante González Garabato e Manuel Martínez Viéitez, representados polo procurador Merelles Pérez, e absólvoos dos pedimentos desta e con imposición das custas procesuais á parte demandante.

E debo estimar e estimo parcialmente a reconvención efectuada por estes últimos demandados contra a parte demandante, declarando resolto, por estar extinguido, o contrato de fianza en relación ó de préstamo con data 1-12-1979, subscritos polos fiadores Manuel Constante González Garabato e Manuel Martínez Viéitez, e desestimando a pretensión referente á nulidade da cláusula oitava, sen facer condena en canto ás custas procesuais.

Contra esta resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación por escrito, no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lles sirva de cédula de notificación en forma ós demandados en situación procesual de rebeldía José Miranda Gómez e Florinda Pereira Sánchez, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, dezaseis de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

9606672