Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 19 de setembro de 1996 Páx. 8.507

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (67/1996).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo verbal de desafiuzamento nº 67/1996, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o dezaoito de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo verbal de desafiuzamento por expiración do prazo, seguidos neste xulgado baixo o nº 67/1996, por instancia de Sergio Vázquez Martorell, representado polo procurador Regueiro Muñoz, asistido polo letrado Paz Costas, contra María del Carmen Gesto Nieto, representada pola procuradora Esperanza Álvarez, asistida polo letrado Domínguez Noya, e contra Clemente González Peón, Jaime Trillo Puente e herdeiros de Víctor González e outra, declarados en situación procesual de rebeldía. Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador Regueiro Muñoz, en nome e representación de Sergio Vázquez Martorell, contra María del Carmen Gesto Nieto, representada pola procuradora Esperanza Álvarez, contra Clemente González Peón, Jaime Trillo Puente e demais herdeiros descoñecidos e incertos de Víctor

González Álvarez e Dolores Puente Oleiro e calquera outra persoa descoñecida e incerta interesada no contrato obxecto do proceso, declarados en situación procesual de rebeldía, declarando haber lugar o desafiuzamento da industria do cine Rayola, actualmente denominado Cine Avenida, coas súas instalacións en pleno funcionamento, sito na r/

Barreiras, 15 e o despacho de billetes sito no baixo da casa nº 14-A, hoxe avenida de Rosalía de Castro nº 95, desta cidade de Santiago de Compostela, e apercibo de lanzamento os demandados se non desaloxan os locais dentro do prazo legal.

Non se fai condena en canto ás custas procesuais.

Advírtanse as partes de que esta sentencia non é firme e contra ela pode interporse recurso de apelación perante este xulgado por escrito, no prazo de tres días contados desde a súa notificación.

Notifíqueselles esta resolución ós demandados rebeldes, de conformidade co previsto nos artigos 769, en relación co 282 e 283 da L.A. Civil, de non poder levarse a cabo a notificación persoal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia inserida previamente foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e lles sirva de notificación en forma ós demandados en situación procesual de rebeldía, á que se fai referencia na decisión da sentencia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

5886