Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 19 de setembro de 1996 Páx. 8.506

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (180/1996-01).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e do seu partido fai saber que nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, seguidos neste xulgado co número 180/1996, promovidos polo procurador Regueiro Muñoz, en nome e representación de Banco Pastor, S.A., contra Casimiro Rosende Rial, en reclamación da suma de 13.682.487 ptas. de principal, mailos xuros, custas e gastos pactados na escritura de hipoteca, acordouse sacar a poxa pública por tres veces e por termo de vinte días cada unha delas os seguintes predios, do plano xeral da zona de concentración parcelaria de Santa María de Teo, concello de Teo:

Primeira.-Número 317; terreo dedicado a labradío e monte no sitio de Manga, que linda ó norte, Antonio Matalobos Eiras (316); sur, camiño e Dolores Rosende Teo (318); leste, estrada de Boimorto a Muros e Dolores Rosende Teo (318); e oeste, Avelino Rosende Rosende (319-2). Ten unha extensión superficial de oitenta e nove áreas e sesenta e cinco centiáreas. Está inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, no tomo 438, libro 117, folio 153, predio 11.519.

O dito predio foi valorado na suma de 25.201.344 ptas.

Segunda.-Número 357; terreo dedicado a labradío no sitio de Chan da Porta, que linda ó norte coa estrada de Boimorto a Muros; ó sur, Benjamín José Sánchez Iglesias (359); leste, Mercedes Asorey Andaluz (356), Manuel Mata Fernández (355) e Concepción Rial Iglesias (358), e oeste, camiño. Ten unha extensión superficial de corenta áreas e corenta centiáreas. Está inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, no tomo 438, libro 117, folio 241, predio 11.563.

O dito predio foi valorado na suma de 12.644.940 ptas.

Terceira.-Número 318; terreo dedicado a labradío no sitio de Manga, que linda ó norte, Casimiro Rosende Rial (317); sur, camiño; leste, estrada de Boimorto a Muros; e oeste, Casimiro Rosende Rial (317). Ten unha extensión superficial de vintedúas áreas e corenta centiáreas. Está inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón no tomo 438, libro 117, folio 155, predio 11.520.

O dito predio foi valorado en 6.297.080 ptas.

A poxa terá lugar o día 25 de novembro de 1996 ás 12 horas, na sala de audiencia deste xulgado no prezo taxado na escritura de constitución de hipoteca, que é de 25.201.344 ptas. para o predio primeiro, 12.644.940 ptas para o predio segundo e 6.297.080 ptas para o predio terceiro. De non concorreren ofertantes, sinálase para a segunda o día 23 de decembro de 1996 ás 12 horas, co tipo de taxación do 75 por cento do tipo da primeira; de non haber ofertantes na segunda sinálase para a terceira o día 20 de xaneiro de 1997 ás 12 horas, sen suxeición a tipo.

Fáiselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que a seguir se expresan:

1. Non se admitirá oferta inferior ás anteriormente indicadas, que é o tipo pactado na mencionada escritura, en canto á segunda poxa, o 75 por cento desta suma, se é o caso, en canto á terceira poxa, admitiranse sen suxeición a tipo.

2. Que tódolos ofertantes, con excepción do acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 do tipo.

3. Tódalas ofertas poderán facerse coa condición de cede-lo remate a un terceiro e realizarse por escrito en prego pechado, desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa de que se trate, depositando xunto a aquel o resgardo acreditativo de ter efectuado a consignación a que se refire a anterior condición.

4. Que os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto na secretaría e entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes e enténdense que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

5. Prevense que na acta de poxa farase constar que o rematante acepta as obrigacións antes expresadas e, se non as acepta, non lle será admitida a proposición; tampouco se admitirá oferta por escrito que non conteña a aceptación expresa desas obrigacións.

6. Sen prexuízo da que se leva a cabo no predio hipotecado, conforme os artigos 262 e 279 da Lei da axuizamento civil, de non ser atopada nela, este edicto servirá igualmente para notificación ó debedor do triple sinalamento do lugar, día e hora para o remate.

Dous de setembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

5899