Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 19 de setembro de 1996 Páx. 8.508

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (482/1994).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 482/1994, por instancia de Banco Español de Crédito, S.A., representado pola procuradora Goimil Martínez, contra Luis Francisco Lorenzo López e Adelina Nieves Otero Blanco, nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día 19 de novembro, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 5.450.734 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 19 de decembro ás 10 horas na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25 por cento do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse a terceira poxa para o vindeiro día 17 de

xaneiro de 1997, ás 10 horas, na sala da audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores, agás o acredor demandante, deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para ser admitido a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberán consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0482/94, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego cerrado.

Oitava.-En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor ofertante, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o acredor o pedise ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o aceptan e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde delas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate, notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto da poxa.

Faise constar que o ben obxecto de poxa, cos dereitos que lles correspondente ós demandados

sobre o predio sito na rúa García Lorca, nº 8-2-A, ten os seguintes datos rexistrais:

Municipio de Santiago de Compostela, local número nove. Vivenda letra A, planta segunda, fronte esquerda, do bloque nº 12, sita na rúa García Lorca número 8, no polígono de Vite, de 74,03 metros cadrados de superficie útil.

A valoración dos dereitos ascende a 5.450.734 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o trinta de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

5523