Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 19 de setembro de 1996 Páx. 8.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1996 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Marsáns, S.A., sita na rúa Alfredo Brañas, 9, local comercial de Santiago de Compostela.

Visto o expediente instruído por instancia de Enrique Melia Soriano, na súa calidade de representante legal de Viajes Marsáns, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento en Santiago de Compostela, na r/ Alfredo Brañas, 9, local comercial, da axencia de viaxes Viajes Marsáns, S.A., minorista co C.I.C. MA-18, que ten a súa casa central en Madrid, na r/ Arlabán, 1.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude achegou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, sito na r/ Alfredo Brañas, 9, local comercial de Santiago de Compostela, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería

da Presidencia e Administración Pública pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecmeentos das axxencias de viaxes xa autorizadas, esta Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de ciaxes Viajes Marsans, S.A., sita en Madrid, na r/ Arlabán, 1, da que é representante legal Enrique Melia Soriano, a apertura dun novo establecemento na r/ Alfredo Brañas, 9, local comercial de Santiago de Compostela, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1996.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

6508