Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.459

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (160/1995).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

Dou fe de que nos autos a que se fai mención se dictou a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

En Santiago de Compostela o doce de xullo de mil novecentos noventa e seis.

No nome de S.M. el-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 160/1995, dimanante do procedemento seguido por agresión, no que foron parte ademais do Ministerio Fiscal, Joaquín Yebra Pimentel, denunciante, con domicilio na r/ Jaime Javier nº 87-3º Marín; Juan Manuel Yebra Pimentel, denunciante, con domicilio no predio da Nogueira Pesqueiros, Chantada; Pilar Soledad Cerqueiro Fosado, denunciante, con domicilio en Mos de Arriba, Figueiras, Santiago de Compostela; Sandra Garrido Fernández, denunciante, con domicilio na rúa Castaños, nº 6 Santiago de Compostela; Antonio Orozco González, denunciante, con domicilio en Mos de Arriba, Figueiras, Santiago de Compostela; Manuel Francisco Salgado Ferreiro, con domicilio na rúa Nova de Abaixo nº 16 Santiago de Compostela; Juan Carlos Lema Balsa, denunciante, con paradoiro decoñecido, os policías locais Jorge Fernández Funcas e José Manuel García Castro con carné profesional nº 103 e 140 respectivamente; o inspector de garda Santiago de Compostela Chorén Ons con carné profesional

nº 053645.

Decido que debo condenar e condeno a Juan Carlos Lema Balsa como autor dunha falta de ofensa ós axentes da autoridade do artigo 570-2 do Código Penal á pena dun día de arresto menor. Así mesmo debo condenar e condeno os policías municipais Jorge Fernández Funcasta e José Manuel García Castro como autores dunha falta do artigo 582 nº 2 de malos tratos de obra, á pena dun día de arresto menor.

Así, por esta miña sentencia que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación perante este xulgado ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período na secretaría ó dispor das partes. (O recurso formalizarase e tramitarase de conformidade co disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal), e da que se xuntará certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioa, mándoa e asínoa.

De conformidade co disposto na Lei orgánica do poder xudicial, contra a presente resolución poderán as partes interpor recurso de apelación perante o xulgado de instrucción, dentro de cinco días, quedando as actuacións durante este período na secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Juan Carlos Lema Balsa, expido a asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o dezaoito de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

5942