Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.459

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (298/1993).

María Manuela Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dá fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 298/1993, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, o 20 de decembro de 1995, Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co número 298/1993, no que actuou como demandante Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado pola procuradora María Jesús Fernández Rial e López e asistido do letrado Francisco Jiménez de Llano Zato e como demandados Dodro Fruit, S.L., Geor

gino Otero Rodríguez e José Manuel Otero Rodríguez, declarados rebeldes nas actuacións.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer remate dos bens embargados e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade demandante da cantidade de 5.468.959 pesetas de principal e xuros, e mailos xuros moratorios pactados, custas e gastos, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 3.500.000 ptas. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado-Rubricado».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Dodrot Fruit, S.L., Georgino Otero Rodríguez e José Manuel Otero Rodríguez, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o trece de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

6692