Esta secretaría, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso público, procedemento aberto, en trámite de urxencia, para a adxudicación da obra que se cita:
1. Obxecto: acondicionamento de fielatos na muralla romana de Lugo. (Expte. 96/04/2222).
2. Orzamento de licitación: 19.785.672 ptas. (dezanove millóns setecentas oitenta e cinco mil seiscentas setenta e dúas pesetas), IVE incluído.
3. Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.
4. Prazo de execución: 6 meses.
5. Clasificación requerida: grupo k, categoría c, subgrupo 7.
6. Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na copistería Tórculo, r/ Rosalia de Castro nº 45, de Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación das proposicións.
7. Prazo de presentación de proposicións: comenzará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o décimo terceiro día hábil.
8. Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo, praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, e no rexistro xeral da Xunta de Galicia, desde as 9 ata as 14 horas. Se a presentación fose en sábado, farase no rexistro xeral da Xunta de Galicia. En canto ás proposicións por correo, haberá de aterse ó disposto na cláusula 6.2 parágrafo segundo do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.
10. Apertura de proposicións: terá lugar na sala B da Consellería de Presidencia e Admón Pública ás 10 horas do día 11 de outubro de 1996.
11. Información adicional: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1996.
P.D.(Orde 21-5-1995)
Rubén Víctor Lois Calviño
Secretario Xeral para o Turismo
6693