Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.458

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (91/1996).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que nos autos de xuízo de desafiuzamento, seguidos co número 91/1996, se dictou a sentencia con data 14 de maio de 1996 que no seu encabezamento e decisión e do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e do seu partido, os presentes autos de xuízo de desafiuzamento, seguidos neste xulgado co nº 91/1996, entre partes, dunha como demandante, Dominica Montegui Harguindey, maior de idade, casada, farmacéutica, veciña de Madrid, representada nos autos polo procurador Fernández Pérez, asistida do letrado Amor Rodríguez, e doutra como demandada, Carmen García Quintela, maior de idade, veciña desta cidade, con domicilio na Rúa do Vilar, nº 74, incomparecida nos autos, sobre falta de pagamento da renda de local de negocio.

Decido que estimando a demanda formulada polo procurador Fernández Pérez, en nome e representación de Dominica Montegui Harguindey, contra Carmen García Quintela, incomparecida nos autos, debo declarar e declaro resolto o contrato de arren

damento que sobre o local sito no baixo dereita, entrando, da casa nº 2 da praciña da ruela de Entrerrúas desta cidade de Santiago de Compostela, existe entre a demandante e a demandada, por falta de pagamento das rendas estipuladas, e consecuentemente que procede o desafiuzamento da demandada do expresado local, apercibíndoa de que se non o desaloxa dentro do prazo legal será lanzada del e pola súa conta, con expresa imposición das custas causadas á dita demandada.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fágaselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de tres días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación á demandada Carmen García Quintela, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago o dezasete de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

5734