Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.458

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (205/1996).

En virtude do acordado en resolución do día de hoxe dictada no xuízo executivo 205/1996, que se segue neste xulgado por instancia de Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representada polo procurador García Picoli, contra Cetycar, S.A. e outra, por medio da presente cédula cítase de remate á entidade Cetycar, S.A., con domicilio actual descoñecido, para que no prazo de nove días compareza nos autos e se opoña á execución se lle conviñer, coa prevención de que de non facelo no prazo indicado será declarado en rebeldía, e o xuízo seguirá o seu curso, sen facerlle máis notificacións nin citacións que as que a lei determine.

Faise constar que se realizou o embargo de bens suficientes como da súa propiedade sen previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro.

E para que lle sirva de citación de remate á entidade Cetycar, S.A., expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o vinteseis de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

5798