Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.457

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DE LO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO-SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (4379/1995).

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que nos autos dos que se fará mención se dictou auto que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:

A Coruña, o vintenove de maio de mil novecentos noventa e seis. O presente recurso contencioso administrativo nº 4379/1995, interposto por Agustín García Villar contra acordo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia do 19-12-1994, sobre sanción por infracción urbanística grave na Avda. de Bueu, concello de Cangas (Pontevedra). A sala acorda, o arquivo deste recurso contencioso administrativo 4379/1995, interposto por Agustín García Villar, contra acordo da Consellería de Política Territorial, Obras Públcias e Vivenda do 19-12-1994, sobre sanción por infracción urbanística grave na Avda. de Bueu, concello de Cangas.

Notifíquese que a presente resolución non é firme por ser susceptible de recurso de súplica no prazo de cinco días.

E para que conste e lle sirva de notificación ó recorrente, e para a súa publicación no DOG, expido e asino a presente cédula na Coruña o vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

5900