Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.443

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Grupo Cruzcampo, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Grupo Cruzcampo, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 6-6-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o 12-1-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de xuño de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo 1995. Grupo Cruzcampo, S.A. Mos

Capítulo I

Disposición xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

As estipulacións do presente convenio colectivo afectarán a todo o persoal que preste os seus servicios

na empresa Grupo Cruzcampo, S.A., no seu centro de traballo de Mos.

Queda exceptuado da aplicación do presente convenio, o persoal que por desempeñar funcións de mando ou pola natureza do seu traballo, acórdase a súa retribución coa empresa, á marxe das táboas salariais que figuran nel.

Quedan tamén exceptuados do presente convenio aqueles axentes mediadores ou figuras análogas que manteñan unha relación mercantil ou laboral especial, recollida esta última, no artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

A vixencia do presente convenio estenderase do 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995.

Non obstante rexerá este convenio durante o período transitorio ata que se asine o seguinte.

Entenderase prorrogado de ano en ano se ningunha das partes que o subscriben formulan denuncia un mes antes, como mínimo de que conclúa a súa vixencia ou, se é o caso, calquera das súas prórrogas.

A denuncia deberán facela os representantes sociais ou económicos comunicándollo á autoridade laboral e á outra parte.

Artigo 3º

Os efectos de aplicación do convenio e condicións pactadas nel forman un todo orgánico indivisible e será considerado globalmente.

Tódalas percepcións sinaladas no presente convenio referiranse á xornada completa. Os traballadores que presten os seus servicios durante un horario inferior á xornada normal, percibirán os seus salarios e complementos salariais en proporción ó tempo traballado.

Artigo 4º.-Comisión mixta.

Para a interpretación deste convenio e con carácter previo e ineludible á presentación de calquera cuestión litixiosa que se derive da referida interpretación ou cumprimento do presente convenio, e segundo o establecido nas normas vixentes, créase unha comisión paritaria, que estará integrada por catro vocais, dous como representantes dos traballadores e dous en representación da empresa.

Esta comisión estará integrada polos seguintes:

-En representación da sección social:

Mª Fernanda Martínez Cordero.

Francisco García Lago.

-En representación da empresa:

José Mª de Dios Rey.

Juan Larzabal Goizueta.

Poderán asistir ás reunións da comisión paritaria, con voz e sen voto, asesores de ámbalas partes.

As reunións deberán ser obrigatoriamente celebradas dentro do prazo de quince días, cando o solicitase calquera membro dunha das partes.

Capítulo II

Disposicións económicas

Artigo 5º.-Conceptos que integran a retribución.

As percepcións económicas dos traballadores que prestan os seus servicios na empresa afectada polo presente convenio estarán integradas polos seguntes conceptos:

-Percepcións salariais:

1. Salario base.

2. Complementos persoais.

2.1. Antigüidade.

2.2. Premios á antigüidade.

2.3. Condicións particulares, se as houber.

2.4. Plus de convenio.

3. Complemento do posto de traballo.

3.1. Plus de traballo nocturno.

3.2. Plus de actividade para as seccións de mantemento grupo barril e persoal de almacén.

4. Complementos por calidade ou cantidade de traballo.

4.1. Horas extraordinarias.

4.2. Retribución de festivos traballados.

4.3. Primas ou incentivos en xeral.

4.4. Remuneración por traballos de categoría laboral superior.

5. Complementos de vencemento periódico superior ó mes.

5.1. Gratificacións extraordinarias regulamentarias

5.2. Gratificacións extraordinarias especiais.

-Percepcións non salariais

6. Axuda por incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade e accidente, sexa ou non laboral, e complemento por vacacións.

Artigo 6º.-Salario base.

Enténdese por tal o que para cada categoría profesional se determina na columna correspondente do anexo I do presente convenio.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores fixos desfrutarán dun aumento periódico nos seus haberes, consistente no 5% por cada bienio, aplicado única e exclusivamente sobre o salario base que en cada momento corresponda ó traballador pola categoría laboral que ostente, segundo o mesmo tratamento que veu sendo tradicional.

Artigo 8º.-Plus de traballo nocturno.

As horas traballadas durante o período abranguido entre as dez da noite e as seis da mañá, agás que o salario base se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, aboaranse cun incremento do 25% sobre o salario base, antigüidade e plus de convenio.

Quen no período indicado traballe por tempo inferior ou igual a catro horas, percibirá este plus unicamente sobre as horas traballadas. Se o tempo traballado no período entre as dez da noite e as seis da mañá excedese de catro horas, percibirase por todo o período indicado polo total da xornada realizada.

Artigo 9º.-Plus de convenio.

Enténdese por tal o que para cada categoría profesional se determina na columna correspondente do anexo I do presente convenio.

Artigo 10º.-Horas extraordinarias.

Considéranse horas extraordinarias as que excedan en cada xornada laboral do horario normal.

O importe destas calcularase formando o dividendo coa suma dos seguintes conceptos: salario base, antigüidade, plus de convenio, pagas extraordinarias e especiais, e plus de nocturnidade; e como divisor, o número de horas efectivas anuais no centro de traballo. O dito importe aplicaráselle o incremento do 75%. Se ben por mutuo acordo entre a empresa e o traballador poderá substituír este aboamento a cambio de 1,75 horas de descanso en xornada normal de traballo por cada hora extraordinaria realizada, que non computará como tal cando o descanso compensatorio teña lugar dentro dos catro meses seguintes á súa realización.

Serán estructurais todas aquelas horas necesarias para pedidos e ausencias imprevistas, cambios de quendas e outras circunstancias derivadas da natureza da actividade.

Non se terán en conta para os efectos de duración da xornada ordinaria, nin para o cómputo do número máximo de horas extraordinarias autorizadas, as que se realicen obrigatoriamente con motivo das situacións que menciona o artigo 35.3º do Estatuto dos traballadores, sen prexuízo do seu aboamento como horas extraordinarias.

O/os delegados de persoal coñecerán mensualmente as horas extraordinarias realizadas no centro de traballo, desagregadas por seccións, especificando a súa natureza.

Artigo 11º.-Sistema de incentivos.

1. Prima de productividade para o grupo obreiro.

O importe mensual por categoría para 1995 desta prima, é o recollido no anexo II.

As ditas cantidades mensuais sufrirán detraccións proporcionais ás horas de ausencia ó traballo, excepto as causadas polo desfrute de vacacións e por accidente laboral.

As detraccións efectuaranse con carácter trimestral, nos meses de marzo, xuño, setembro e decembro, agás se o importe da detracción que se vai efectuar fose superior ó 50% da contía mensual; neste caso efectuarase mensualmente.

2. Prima de productividade para o persoal do grupo administrativo

O importe mensual por categoría para 1995 deste prima, é o recollido no anexo II.

Efectuaranse detraccións desta prima sobre as cantidades do anexo 2, segundo o recollido no artigo 11.1º parágrafos segundo e terceiro.

Artigo 12º.-Domingos e festivos.

Cando por necesidade de producción ou venda, e por solicitude da empresa, se acceda voluntariamente a traballar en domingo ou festivos, con día de descanso compensatorio, percibirase a retribución normal correspondente ó día traballado, máis outro xornal.

Se nas circunstancias previstas polo artigo 47 do R.D. 2001/1983, non se desfrutase do descanso compensatorio, aboaranse 7.500 ptas.

Enténdese por retribución normal o salario base, plus de antigüidade e plus de convenio.

Artigo 13º.-Traballo de categoría laboral superior.

O traballador que durante catro meses continuos ou oito descontinuos dentro de dous anos, realice traballos de superior categoría, será ascendido automaticamente á dita categoría.

Exceptúase do disposto anteriormente, se a realización do dito traballo de categoría superior se debese a incapacidade laboral transitoria del titular, neste caso só se terá dereito ó cobramento da diferencia do salario, e sempre que o substituto se incorpore ó seu anterior posto de traballo.

Artigo 14º.-Pagas extraordinarias regulamentarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio colectivo desfrutará das seguintes pagas extraordinarias regulamentarias:

-Administrativos, comerciais e subalternos, unha mensualidade do 10 ó 15 de xullo e outra mensualidade do 10 ó 15 de decembro.

-Obreiros, dúas pagas nas mesmas datas anteriores, de trinta días cada unha.

Para o cálculo destas pagas computarase o salario base, a antigüidade e o plus de convenio.

Para ter dereito a percibi-lo importe íntegro das pagas de xullo e decembro, será necesario estar ó servicio da empresa con seis meses de antelación á data de pagamento de cada unha delas, ó devengarse a primeira de xaneiro a xullo e a segunda de xullo a decembro.

En caso de non estar presente a totalidade do período de devengo, ratearase por sextas partes, computándose por meses completos a fracción residual inferior a trinta días, excepto para aquel persoal que non leve polo menos dous meses completos de alta na empresa, neste caso o rateo realizarase proporcionalmente ó número de días efectivamente traballados.

Artigo 15º.-Pagas especiais.

1. Pagas especiais de abril e setembro.

Percibiranse nas primeiras quincenas de abril e setembro.

O cálculo do importe para cada unha destas pagas segundo o mesmo criterio que para as pagas regulamentarias (artigo 14º).

2. Paga de outubro.

Como contraprestación ás xornadas especiais que implican traballo en sábados e que se determinan no artigo 19º, todo o persoal do cadro de persoal, excepto soldos contratados, percibirá unha gratificación extraordinaria de 108.514 pesetas, que se aboará na primeira quincena de outubro, e en proporción ós sábados traballados dentro dos establecidos como obrigatorios. Exceptuarase o aspecto de proporcionalidade para os casos de non prestación do traballo por causa de accidente laboral.

Artigo 16º.-Axuda por incapacidade laboral transitoria.

Todo traballador afectado polo presente convenio, cando se encontre en situación de incapacidade laboral transitoria debida a enfermidade e accidente non laboral, percibirá a partir do cuarto día da data de baixa un complemento diario da contía que se indica a seguir:

-Administrativos e comerciais:

Titulado grao superior 691 ptas.

Titulado grao medio580 ptas.

Xefe de 1ª525 ptas.

Xefe de 2ª455 ptas.

Oficial de 1ª415 ptas.

Oficial de 2ª360 ptas.

Auxiliar304 ptas.

Inspector de 1ª428 ptas.

Inspector de 2ª387 ptas.

-Subalternos:

Subalterno de 1ª xefe de equipo360 ptas.

Subalterno de 1ª331 ptas.

Subalterno de 2ª304 ptas.

-Obreiros:

Oficial de 1ª xefe de equipo415 ptas.

Oficial de 1ª360 ptas.

Oficial de 2ª275 ptas.

Axudante250 ptas.

Auxiliar de 1ª231 ptas.

Auxiliar de 2ª221 ptas.

En caso de que por disposición legal se reducise a porcentaxe que actualmente aboa a Seguridade Social, como subsidio por incapacidade laboral transitoria, reunirase a comisión paritaria para acorda-la revisión das contías indicadas, que en todo caso significarían, como mínimo, un incremento do 50% da reducción efectuada na porcentaxe do subsidio.

Sen prexuízo do anterior percibirase o 50% do salario base, antigüidade e plus de convenio durante os tres primeiros días correspondentes á primeira enfermidade ou accidente non laboral.

Artigo 17º.-Axudas de custo.

Tódolos traballadores que por necesidade da industria e por orde da empresa teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lles impida xantar ou pernoctar no seu domicilio, percibirán desde o 1 de febreiro de 1995 as seguintes cantidades:

XantarCeaAloxamento e almorzo

Xefes de 2ª2.2401.7103.800
Responsables de venda1.8751.6803.065
Choferes e mecánicos1.4101.2602.755

Artigo 18º.-Quilometraxe en vehículo propio.

O seu importe calcularase segundo a seguinte fórmula:

Valor combustible gasolina súper x 0,27 ptas./quilómetro.

Trimestralmente farase unha revisión ó importe obtido na anterior fórmula.

Artigo 19º.-Xornada laboral.

A xornada laboral efectuarase de luns a venres, con 40 horas de presencia, 38,75 horas de traballo efectivo e 15 minutos diarios de descanso.

Independentemente do exposto, e como xornada especial, todo o persoal traballará 6 horas efectivas por quenda, doce sábados comprendidos entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Comprometido igualmente o persoal de administración á citada xornada especial, poderá sen embargo trasladar tres dos ditos sábados a épocas que se estimen máis aptas para a realización do seu traballo e en razón á súa natureza.

Artigo 20º.-Plus de actividade.

Baixo a denominación xenérica de plus de actividade, percibirase como complemento de posto de traballo:

a) O plus de dispoñibilidade dos mecánicos de grupos, que vén compensa-las posibles prolongacións de xornada deste persoal e a súa contía mensual queda reflectida por categoría no anexo III.

b) O plus de dispoñibilidade do persoal de almacén, que vén compensa-lo cumprimento da organización de quendas, recollida no anexo IV, e posibles prolongacións de xornada deste persoal, a súa contía mensual queda reflectida por categoría no anexo III.

Artigo 21º.-Exclusións da xornada normal de traballo.

1. No caso dos traballadores, as actividades dos cales consistan en poñer en marcha ou peche o traballo dos demais, observarase o disposto nas vixentes disposicións sobre xornada.

2. Os inspectores comerciais (venda e reparto), mentres estean adscritos a estes servicios, quedarán exceptuados do réxime de xornada normal, en virtude das compensacións económicas pactadas coa empresa e denominadas comisións e premios por cumprimento de obxectivos co que entre outros conceptos se compensan as características propias dos servicios desta categoría.

Artigo 22º.-Vacacións.

a) Dereito a vacacións.

Tódolos traballadores sen distinción de grupo ou categoría profesional terán dereito a desfrutar anualmente un período de vacacións retribuídas de vintetrés días laborables.

Para adquiri-lo dereito de desfrute deberá terse traballado durante un ano na empresa. En caso contrario, desfrutarase en proporción ó tempo traballado. A incapacidade laboral transitoria non privará do dereito ó desfrute das vacacións agás que caducase por transcurso do ano.

Os traballadores terán dereito ó desfrute de cinco días de permiso anuais con cargo ás súas vacacións para realizar xestións particulares, condicionándose a súa concesión ós seguintes requisitos:

1. Solicitar con antelación de corenta e oito horas, polo menos, expresando a súa causa. A dirección poderá esixi--la xustificación do motivo alegado.

2. Que no exista coincidencia de solicitudes nunha mesma unidade que obrigase á empresa á contratación de persoal para cubri-las ausencias ou a realización de horas extraordinarias.

No non previsto no presente apartado, observarase o disposto polo Estatuto dos traballadores.

b) Retribución de vacacións.

A retribución salarial das vacacións estará constituída polo salario base, antigüidade, plus de convenio, e a prima de productividade correspondente ó mes no que se desfruten.

c) Bolsa de vacacións.

En concepto de bolsa de vacacións aboaranse 15.000 ptas. a quen as desfruta na súa totalidade fóra dos meses de xuño a setembro, ámbolos dous incluídos. Agás acordo en contrario o pagamento efectuarase ó inicia-las vacacións.

Artigo 23º.-Licencias con soldo.

1. No caso de falecemento de pais, pais políticos, avós, fillos, fillos políticos, netos, netos políticos, cónxuxes, irmáns ou irmáns políticos, ou enfermidade grave deles e parto da esposa, concederáselle ó persoal fixo permisos remunerados de tres días naturais se calquera das causas antes citadas se produce na localidade onde resida o traballador, e de cinco días naturais se se produce fóra desta.

2. En caso de falecemento de tíos e sobriños o permiso será dun ou dous días respectivamente, de acordo co indicado anteriormente.

3. Cando o traballador contraiga matrimonio desfrutará dun permiso remunerado de quince días naturais consecutivos.

4. Concederase un día por traslado de domicilio.

5. O día da primeira comuñón e o casamento dos fillos, netos e irmáns, desde as cero ata as vintecatro horas, serán de permiso remunerado.

6. Cando os traballadores deban cumprir algún deber de carácter público imposto pola lei ou disposición administrativa, concederase permiso con soldo polo tempo necesario. En calquera dos casos deberá xustificarse documentalmente a necesidade do permiso.

Artigo 24º.-Plus de locomoción.

O plus de locomoción que percibe todo o persoal excepto soldos contratados, queda fixado para 1995 en 454,49 ptas. por día efectivamente traballado.

Así mesmo queda exceptuado da percepción deste plus o persoal dado de alta neste centro de traballo con posterioridade ó 1 de xaneiro de 1995.

Capítulo III

Ingresos, vacantes e ascensos

Artigo 25º.-Ingresos.

Para ingresar na empresa será necesario, á parte do que se dispón nas leis vixentes en materia de contratación, cumpri-los seguintes requisitos:

a) Solicita-lo ingreso mediante formulario establecido ó respecto.

b) Someterse a exame médico e probas psicotécnicas ou profesionais, que a empresa considere conveniente, de acordo coa categoría e clase de traballo que vai desempeñar.

c) Presenta-los documentos requiridos pola empresa, unha vez superadas satisfactoriamente tódalas probas.

Para aquelas categorías ou postos que se cubran con persoal de novo ingreso, e sempre que se cumpran as esixencias legais e os requisitos necesarios, terán preferencia en igualdade de condicións de aptitude os fillos do persoal en activo, xubilado ou falecido.

O/os delegados de persoal serán informados dos ingresos que se vaian producir.

Artigo 26º.-Ascensos.

Os ascensos produciranse en razón da capacidade do traballador para desempeña-lo novo posto de traballo, e por iso sempre mediante proba de conformidade co establecido no regulamento de réxime interior e na ordenanza laboral. Non obstante recoñécense as seguintes excepcións:

1. Todo traballador fixo que ostente a categoría de auxiliar 2ª obreiro, transcorridos catro anos, pasará á de auxiliar 1ª obreiro, sen prexuízo de seguir efectuando as funcións que viñese realizando na categoría, e sen ocupar praza dentro dos postos fixados no cadro de persoal para a dita categoría. Quedan exceptuados

aqueles traballadores que renunciasen voluntariamente a categorías superiores á que ostentan.

2. Os auxiliares administrativos e técnicos, transcorridos cinco anos na categoría, ascenderán á superior.

3. Os carreteiros con máis de cinco anos continuos nese posto de traballo, en posesión da categoría de axudante, pasarán á categoría de oficial de 2ª.

4. Transcorridos cinco anos de permanencia na categoría de auxiliar de 1ª, ascenderá á de axudante.

5. O traballador que permanecese durante quince anos como fixo nunha das categorías que a seguir se expresan, ascenderá á categoría inmediata superior, con iguais condicións que as expresadas no apartado primeiro:

-Grupos de técnicos e administrativos: oficial de 2ª.

-Grupo comercial: inspectores de 2ª.

-Grupo obreiro: oficial de 2ª axudante.

-Grupo subalterno: subalterno de 2ª.

Nos supostos anteriormente expostos, nos que se produce ascenso de categoría por transcurso do tempo no posto de traballo, será requisito previo o informe favorable dos xefes de servicio a que o productor pertenza, do dos delegados de persoal e conseguinte proposta favorable do director do centro á dirección da empresa.

Deste requisito quedarán exentos os suposto recollidos nos apartados primeiro e quinto.

Artigo 27º.-Pensión a fillos minusválidos.

A empresa comprométese a mante-la súa aportación á mutualidade de previsión social para axuda a minusválidos que garanta a percepción polos beneficiarios minusválidos dunha pensión vitalicia anual de 144.000 ptas. en caso de morte ou incapacidade absoluta de mutualista asociado (traballador).

O compromiso da empresa enténdese mentres o traballador forme parte do seu cadro de persoal e durante o tempo en que permaneza en situación de xubilado.

Para ter dereito deberá solicitalo formalmente á empresa e esta xustificará a recepción, e non terá efectividade ata que a mutualidade acepte a solicitude.

Perderase por traballar por conta allea, contraer matrimonio ou pasar a depender doutras persoas ou institucións.

Artigo 28º.-Axuda para fillos minusválidos.

Establécese unha axuda de 14.000 ptas. mensuais para cada fillo minusválido, ou diminuído fisicamente.

Para a percepción desta axuda será preciso presenta-los xustificantes necesarios da percepción da pensión correspondente da Seguridade Social.

Artigo 29º.-Axuda por incapacidade permanente.

Se como consecuencia de enfermidade ou accidente se producise alta da Seguridade Social con algunha

secuela, ou fose apreciada polo servicio médico de empresa, ou profesional alleo a ela, ben por solicitude da dirección ou do comité de empresa, reducción da capacidade física que imposibilite a realización de funcións propias do seu posto de traballo, será obrigatorio para o traballador dentro dos quince días a partir da notificación da empresa, dándolle conta de tal extremo, inicia-lo expediente solicitando a correspondente incapacidade ante o organismo correspondente.

Cumpridos os anteriores requisitos e só para os supostos recollidos no parágrafo anterior, a empresa concederá as seguintes axudas:

1. Se se recoñecese a incapacidade total permanente para a súa profesión habitual, a empresa complementaría a pensión con 25% da base reguladora que sirva para a súa fixación, sen que sexa revisable no futuro por ningún concepto.

2. Se a incapacidade permanente recoñecida fose absoluta concederase unha indemnización compensatoria, por unha soa vez, de 200.000 ptas.

Artigo 30º.-Préstamos.

O persoal fixo poderá solicitar préstamos cando concorran circunstancias de especial necesidade que deberán ser probadas cando así o esixa a dirección, contestando esta dentro do prazo dun mes a partir da data de solicitude.

Para a súa concesión será preceptivo o informe previo do/s delegados de persoal.

Os ditos préstamos estarán regulados segundo as seguintes normas:

1. Fondo para préstamos: 1.000.000 de ptas.

2. O xuro do préstamo será o legalmente establecido polo Banco de España no momento da súa concesión.

3. O prazo máximo de devolución do préstamo será dun ano natural a partir da concesión deste, e fraccionarase entre as mensualidades e pagas extras comprendidas dentro do dito ano.

4. Establécese un límite máximo de 200.000 ptas. por persoa.

Artigo 31º.-Premios á antigüidade.

Ó persoal que cumpra os vinte, vintecinco e os trinta anos de servicio ininterrompido na empresa, a partir do 1 de xaneiro de 1995, concederáselle un premio de vinculación que se pagará dunha soa vez, dentro do mesmo mes en que cumpra os anos de servicio, coas seguintes contías:

-Ós 20 anos de servicio: 50.000 ptas.

-Ós 25 anos de servicio: 55.000 ptas.

-Ós 30 anos de servicio: 60.000 ptas.

Artigo 32º.-Axuda para gastos de falecemento.

En caso de falecemento dun traballador, independentemente da liquidación de haberes que legalmente corresponda ós seus habentes dereito, a empresa aboa

ralles a estes unha axuda para gastos de enterro de 75.000 ptas.

Considéranse habentes dereito, para efectos de percibi-la axuda que se establece, as seguintes persoas e na seguinte orde: viúva, descendentes matrimoniais e extramatrimoniais, xa sexan naturais ou adoptivos, irmáns e ascendentes en primeiro grao.

Esta percepción substitúe ás que estivesen establecidas por este concepto por disposición legal.

Artigo 33º.-Roupa de traballo.

1. Ós traballadores das seccións onde exista humidade e temperaturas extremas proporcionaráselles calzado e roupa adecuada ás súas condicións de traballo, nas diferentes estacións climatolóxicas do ano.

2. Ós demais traballadores fixos proveráselles de dúas fundas ó ano.

3. A empresa facilitará dous uniformes, un de inverno e outro de verán, cada dous anos, ó persoal de comercial e mecánicos de grupos.

Artigo 34º.-Servicio militar.

Durante a permanencia no servicio militar percibiranse as pagas extraordinarias regulamentarias establecidas polo presente convenio.

Capítulo IV

Acción sindical

Artigo 35º.-Delegados de persoal.

En todo o referente a funcións, garantías, etc., do/s delegados de persoal, observarase o disposto pola lexislación vixente.

Disposición derradeira

En todos aqueles aspectos non determinados no presente convenio, que se aplicará nos seus propios termos, observarase o disposto nas normas legais de carácter xeral e na ordenanza laboral da indistria cervexeira, que se manterá na súa plena vixencia, en todas aquelas materias que non se opoñan ó estipulado no convenio, ou non fosen derrogadas por este.

ANEXO I

Grupo Cruzcampo, S.A.

Táboas Mos 1995

CategoríasSalario

base

mes/día

Plus

Convenio

mes/día

Total

mes/día

Total

ano

Titulado grao superior124255705311947863116580
Titulado grao medio107483703591778432845481
Xefe 1º administrativo99410547451541552466485
Xefe 1ª técnico99410547451541552466485
Xefe 2ª administrativo88847497541386012217618
Xefe 2ª técnico88847497541386012217618

CategoríasSalario

base

mes/día

Plus

Convenio

mes/día

Total

mes/día

Total

ano

Oficial 1ª admin./técnico82629509361335652137046
Oficial 2ª admin./técnico74515518951264092022549
Auxiliar administrativo65859401231059811695703
Subalterno 2ª obreiro65859349751008341613341
Oficial 1ª xefe de equipo2753,1987,03740,01813924
Oficial 1ª obreiro2485,21025,93511,21702908
Oficial 2ª obreiro2340,31042,63382,91640692
Axudante obreiro2195,1987,33182,41543469
Auxiliar 1ª obreiro2133,1977,13110,21508453
Auxiliar 2ª obreiro2071,1911,12982,31446407

ANEXO II

Prima productividade

Grupo Cruzcampo, S.A.

Táboas Mos 1995

CategoríasPtas./mesPtas./ano

Titulado grao superior
Titulado grao medio
Xefe 1º administrativo36394436734
Xefe 1ª técnico36394436734
Xefe 2ª administrativo35166421996
Xefe 2ª técnico35166421996
Oficial 1ª admin./técnico33195398346
Oficial 2ª admin./técnico32510390116
Auxiliar administrativo31721375255
Inspector 1ª vendas0
Inspector 2ª vendas0
Subalterno 1ª xefe equipo33851406206
Subalterno 1ª obreiro33195398346
Subalterno 2ª obreiro32510390116
Oficial 1ª xefe de equipo33851406206
Oficial 1ª obreiro33195398346
Oficial 2ª obreiro32510390116
Axudante obreiro31271375255
Auxiliar 1ª obreiro30573366875
Auxiliar 2ª obreiro29225350702

ANEXO III

Plus actividade

Grupo Cruzcampo, S.A.

Táboas Mos 1995

CategoríasPtas./mesPtas./ano

Oficial 1ª xefe de equipo33947407365
Oficial 1ª obreiro26113313353
Oficial 2ª obreiro19585235018
Axudante obreiro15668188012
Auxiliar 1ª obreiro13057156683
Auxiliar 2ª obreiro11752141019

ANEXO IV

Cadro de horario

-Persoal de administración.

De luns a venres. De 8 a 13 e de 15 a 18 horas.

-Persoal de almacén e carreteiros.

Quenda (a): de luns a venres: de 6 a 14 horas.

Quenda (b): de luns a venres: de 14 a 22 horas.

Quenda (c): de luns a venres: de 8 a 13 horas e de 15 a 18 horas.

-Persoal de grupos.

De luns a venres: de 8 a 13 e de 15 a 18 horas.

6562