Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.450

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1996 pola que se convocan cursos para persoal da Administración local.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1996, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme á seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nos cursos programados deberán solicitalo no modelo oficial de solicitude, que figura como anexo II ó final da convocatoria, cuberta en tódolos epígrafes, e na que se farán constar, en todo caso, os seguintes datos:

a) Descrición do posto de traballo que desempeña na actualidade.

b) Xustificación do cumprimento do requisito esixido na base 2 do anexo da convocatoria dos respectivos cursos.

c) Conformidade da entidade na que presta servicios. Cando o solicite máis dun interesado da mesma corporación, deberase especifica-la orde de preferencia.

2. A falsidade ou ocultación de datos será motivo de exclusión automática.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias finaliza, para os cursos de informática, 15 días antes do comezo de cada curso que figura no anexo, e para o de xestión da contratación administrativa local, o 7 de outubro.

Terceira.-Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública e presentaranse no rexistro da EGAP, polígono de Fontiñas, s/n, 15703 Santiago de Compostela, ou por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas, e do procedemento administrativo común.

Seguidamente efectuarase a selección dos participantes e notificaráselles directamente ós admitidos.

Os días establecidos definitivamente en cada localidade para o comezo do curso de xestión da contratación administrativa local comunicaráselles oportunamente ós asistentes.

Cuarta.-Requisitos dos participantes.

Con independencia das condicións establecidas de modo concreto para cada un dos cursos os solicitantes deberán ser funcionarios de Administración local ou persoal laboral asimilado que preste servicios dentro da área obxecto do correspondente curso.

Quinta.-Selección.

Os criterios de selección, dirixidos a concilia-las necesidades da organización na que prestan servicios os aspirantes e os intereses individuais destes, irán en conta a maior relación do posto de traballo desempeñado co contido do curso, sempre e cando se cumpran os requisitos esixidos na base cuarta da convocatoria e os específicos de cada curso. Terán preferencia aqueles que non realizasen outro curso de similares características ós convocados e os que, solicitándoos en anos anteriores non obtivesen praza, e deberanse formular de tódolos xeitos unha nova solicitude.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 21 de abril de 1991 da EGAP, pola que se fan

públicos os criterios xerais de selección dos asistentes ás súas actividades e na do 27 de xuño de 1994 pola que se precisan os criterios de selección para participar nas súas actividades.

A EGAP reserva para si a facultade de anular un curso se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sexta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso cando a súa inasistencia non sexa igual ou superior ó 15% das horas lectivas programadas. A superación deste límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado e dará lugar á baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

A) Cursos de informática de xestión municipal.

Curso folla electrónica de cálculo.

1. Obxectivos: aprende-lo manexo e utilización de follas de cálculo para o procesado de datos numéricos.

2. Destinatarios: tódolos grupos de titulación, especialmente C e D de corporacións con mecanización informática.

3. Desenvolvemento do curso: o curso desenvolverase de luns a xoves, conforme o calendario seguinte:

LugaresComezoRemateHorarioPeriocidade

A Coruña6-11-9619-11-9617 a 20Luns a xoves
Santiago de

Compostela

6-11-96

19-11-96

17 a 20

Luns a xoves

Lugo6-11-9619-11-9617 a 20Luns a xoves
Ourense6-11-9619-11-9617 a 20Luns a xoves
Pontevedra6-11-9619-11-9617 a 20Luns a xoves
Vigo6-11-9619-11-9617 a 20Luns a xoves
Ferrol6-11-9619-11-9617 a 20Luns a xoves

Duración: 24 horas.

Nº prazas: 15

4. Contido: procesamento numérico de datos. As follas de cálculo como ferramenta para análise da información. A folla de cálculo EXCEL.

Curso base de datos Access.

1. Obxectivos: coñece-las posibilidades que proporciona dispoñer da información de modo estructurado e organizado e utilizar ó máximo a información almacenada.

2. Destinatarios: tódolos grupos de titulación, especialmente C e D de corporacións con mecanización informática.

3. Desenvolvemento do curso: o curso desenvolverase de luns a venres, conforme o calendario seguinte:

LugaresComezoRemateHorarioPeriocidade

A Coruña20-11-963-12-9617 a 20Luns a venres
Santiago de

Compostela

20-11-96

3-12-96

17 a 20

Luns a venres

Lugo20-11-963-12-9617 a 20Luns a venres
Ourense20-11-963-12-9617 a 20Luns a venres
Pontevedra20-11-963-12-9617 a 20Luns a venres
Vigo20-11-963-12-9617 a 20Luns a venres
Ferrol20-11-963-12-9617 a 20Luns a venres

Duración: 30 horas.

Nº prazas: 15

4. Contido: técnicas de xestión da información. Sistemas xestores de bases de datos. O xestor de bases de datos relacional Access.

B) Curso: xestión da contratación administrativa local.

1. Obxectivos: perfeccionar e actualiza-los coñecementos dos participantes no procedemento de xestión na contratación administrativa local.

2. Destinatarios: persoal ó servicio da Administración local que desenvolva traballos de xestión administrativa no ámbito da contratación, pertencentes ós grupos C, D ou asimilados.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 27 horas.

3.2. Lugares: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

3.3. Datas: a partir do 14 de outubro, tódolos luns, martes e o mércores.

3.4. Horarios: de 17 a 20.30 horas, cunha pausa intermedia de 30 minutos.

3.5. Prazas: 30

4. Contido: marco xurídico. A reforma da Lei de contratos do Estado. Actividade contractual das administracións públicas. Contratro de subministracións. Contrato de asistencia técnica. Contrato de profesionais. Aspectos orzamentarios, contables e de fiscalización.

6636