Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.453

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de setembro de 1996 pola que se modifica a composición dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o ingreso nos distintos corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia.

Presentada renuncia por Antonio López Díaz, nomeado vocal titular do tribunal D.3, encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia, por Orde do 29 de maio de 1996 (DOG nº 108 do 3 de xuño), (corrección de erros DOG nº 119 do 18 de xuño) esta consellería, de conformidade co establecido na normativa vixente,

DISPÓN:

Acepta-la renuncia de Antonio López Díaz, vocal titular do tribunal nº 3 do grupo D en representación da Escola Galega de Administración Pública.

Así mesmo esta consellería dispón o nomeamento de José Ramón Pardo Cabarcos, subdirector xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, como vocal titular do tribunal nº 3 do grupo D, en representación da Escola Galega de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6628