Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.443

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 3 de setembro de 1996 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación Manual de Prestacións Socioeconómicas en Servicios Sociais.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e depois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería, e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1996.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Manual de Prestacións Socioeconómicas en Servicios Sociais: 1.235 pesetas.

4619