Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.442

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 340/1996, do 13 de setembro, polo que se asumen funcións e servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Real decreto 1642/1996, do 5 de xullo, en materia de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social e se asignan á Consellería de Economía e Facenda.

A Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, transferiu, de acordo co previsto no artigo 150.2º da Constitución, diversas competencias de titularidade estatal á Comunidade Autónoma galega, coa finalidade de que esta complete as competencias que pode exercer, equiparándoa a outas comunidades autónomas.

En aplicación do previsto no artigo 8 da citada lei orgánica, por medio do Real decreto 1642/1996, do 5 de xullo, traspasáronselle a Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios da Administración xeral do Estado en materia de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social.

Resulta, pois, conveniente asumir de forma expresa tales funcións e servicios, que se relacionan no antedito real decreto, nos termos e condicións acordados pola Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, e asignárllelos ós órganos correspondentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude do exposto, e en exercicio da potestade de autoorganización prevista no artigo 27.2º do Estatuto de autonomía, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na

súa reunión do día trece de setembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO

Artigo 1º.-Asúmense as funcións e servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 1642/1996, do 5 de xullo, en materia de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social, así como os medios orzamentarios a eles adscritos, nos termos e condicións sinalados no acordo adoptado pola Comisión Mixta de Transferencias na súa reunión do 25 de xuño de 1996, publicado como anexo do citado real decreto.

Artigo 2º.-As funcións e servicios asumidos de conformidade co disposto no artigo anterior, así como os créditos orzamentarios a eles adscritos, asígnanse á Consellería de Economía e Facenda.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O conselleiro de Economía e Facenda dictará as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6564