Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.440

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 337/1996, do 13 de setembro, sobre asunción de funcións transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de colexios oficiais ou profesionais mediante o Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, e a súa asignación á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

A Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, levou a cabo unha ampliación de competencias á Comunidade Autónoma de Galicia entre as que se inclúen as relativas á materia de colexios oficiais ou profesionais. Como consecuencia disto, mediante o Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, traspásanse a Comunidade Autónoma de Galicia as funcións, que dentro do seu territorio, viña desempeñando a Administración do Estado en materia de colexios oficiais ou profesionais.

Procede, en virtude do citado traspaso, asumir de forma expresa as ditas funcións, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias e asignalas ós órganos correspondentes da Administración galega.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, e logo de deliberación do consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de setembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Asunción do traspaso.

Quedan asumidas as funcións e créditos orzamentarios, traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do

Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, en materia de colexios oficiais ou profesionais, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias do 25 de xuño de 1996, publicado como anexo ó citado real decreto.

Artigo 2º.-Asignación de funcións.

Asígnanselle á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais as funcións e créditos orzamentarios asumidos de conformidade co disposto no artigo anterior. As referidas funcións serán exercidas pola Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

Artigo 3º.-Efectividade do traspaso.

A asunción de funcións obxecto deste decreto terá efectividade a partir do día l de outubro de 1996, de acordo co disposto no anexo do Real decreto 1643/1996.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento do presente decreto e para adopta-las medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das funcións traspasadas.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6726