Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 17 de setembro de 1996 Páx. 8.441

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 338/1996, do 13 de setembro, sobre asunción de transferencias en materia de transporte marítimo e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O proceso iniciado cos acordos autonómicos do 28 de febreiro de 1992 e que culmina coa aprobación da Lei orgánica 9/1992, do 23 de decembro, supuxo a ampliación e equiparación competencial entre as diferentes comunidades autónomas. Sen embargo, algunhas das competencias, que inicialmente se recollen en tódolos estatutos non se inclúen na Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, que aproba o Estatuto de autonomía para Galicia.

No marco dese proceso de ampliación competencial, a introducción dun criterio de racionalización para permitir un funcionamento ordenado e estable do estado autonómico no seu conxunto, xustifica a necesidade de completa-las competencias que a Comunidade Autónoma de Galicia pode exercer equiparándose así ás restantes comunidades autónomas.

Esta ampliación instruméntase por medio da Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro (BOE do 28

de decembro, nº 310), que, utilizando a vía do artigo 150.2º da Constitución, dispón no seu artigo 2.C a transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia da competencia exclusiva en materia de transporte marítimo, o exercicio do cal axustarase ó disposto polo Estado nos termo previstos no artigo 149.1.20 do texto constitucional.

De conformidade co Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, a Comisión Mixta de Transferencias, prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía, adoptou na súa reunión do 25 de xuño de 1996 o oportuno acordo polo que se concretan as funcións e servicios da Administración do Estado, que deberá ser obxecto de traspaso á Comunidade Autónoma en materia de transporte marítimo, acordo que se plasma no Real decreto 1641/1996, do 5 de xullo (DOG do 31 de xullo, nº 149).

Por canto antecede e en exercicio da potestade autorganizativa que o artigo 27.2º do estatuto recoñece, é polo que por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión de trece de setembro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Asúmense as competencias transferidas á Comunidade Autónoma por Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, en materia de transporte marítimo e, por conseguinte, as funcións e servicios que deben ser obxecto de traspaso así como os medios financeiros a eles adscritos, nos termos e condicións especificadas no acordo adoptado pola Comisión Mixta de Competencias, na súa reunión do 25 de xuño de 1996, publicado como anexo do R.D. 1641/1996, do 5 de xullo.

Artigo 2º

As funcións e servicios asumidos de conformidade co disposto no artigo anterior asígnanse á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Disposicións derradeiras

1. O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dictará cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento e eficacia do establecido no presente decreto.

2. Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6727