Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.424

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (219/1994).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que nos autos de xustiza gratuíta tramitados neste xulgado co número 219/1994, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil incidental de xustiza gratuíta, substanciada polos trámites do xuízo verbal seguido neste xulgado co número 219/1994, no que actuaron como parte demandante Manuel Ignacio García Castro, maior de idade e veciño de Ames, representado polo procurador dos tribunais Manuel Merelles Pérez e asistido polo letrado José Trigo García, nomeados ámbolos dous de oficio, e no que se lle deu audiencia a María Clara Nieto Gómez, Filomena Hombre Boimil, José Hombre Boimil, Filomena García, Cipriano Hombre Puñal, Josefa Noya Tobar, Josefa García Fernández, Manuel García, Filomena Hombre Noya, Eulalia Filomena Hombre, María Manuela Nieto Gómez, Placido Iglesias Gerpe, José García Hombre, Filomena Hombre Hombre, contra as persoas descoñecidas e incertas que puidesen ter interese no

xuízo de testamentaría das herdanzas de José García Hombre e María Manuela Nieto Gómez, e ó letrado da Xunta.

Decido que estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro o dereito á xustiza gratuíta de Manuel Ignacio García Castro, co obxecto de litigar en xuízo de reclamación de herdanzas de José García Hombre e María Manuela Nieto Gómez, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LAC, e declaro de oficio as custas causadas.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación, conforme o trámite previsto no Art. 733 LAC. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que así conste e sirva de notificación ós demandados mencionados, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o once de xullo de mil novcentos noventa e seis, dou fe.

Rubricado

5716