Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.425

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (12/1996).

Nos autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 12/1996, en virtude de denuncia formulada por Aurora Alonso Povedano, contra Ramón Rúa Quintela, por ameazas, dictouse sentencia, co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

Sentencia. En Santiago de Compostela, quince de abril de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Gustavo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primieira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo de faltas número 12/1996, sobre ameazas, no que son partes, como denunciante, Aurora Alonso Povedano, que non compareceu a pesar de estar citada en legal forma, e como denunciado, Ramón Rúa Quintela.

Resolvo que debo absolver e absolvo a Ramón Rúa Quintela dos feitos xulgado nas presentes actuacións, con declaración de oficio das custas procesuais ocasionadas. Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer, perante este xulgado, recurso de apelación, no prazo de cinco días, a partir do seguinte ó da súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, da que se lle levará notificación á casusa, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación en forma á denunciante Aurora Alonso Pevedano, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, o nove de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

6393