Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da intalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/64-2-4534 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto

de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Confederación Hidrográfica del Norte de España.

Enderezo social: Monforte de Lemos, 27000-Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en caseta de control no río Cabe.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 80 metros sobre postes de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-50, cunha lonxitude de 540 metros, para dar servicio eléctrico á caseta de control no río Cabe, en Monforte de Lemos.

Orzamento: 3.173.138 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 4 de xullo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6443