Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.423

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (58/1984).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Santiago de Compostela, fai saber, que no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, baixo o número 58/1984, por instancia da Caixa de Aforros de Galicia representada polo procurador Caamaño Frade, contra Santiago Añón Rey, Carmen Naya Varela, Manuel Añón Rey e Ramona Rey Rodríguez, con domicilio en Avenida Alfonso

Senra 39, 4º D, de Ordes, os dous primeiros, en en Paiosaco-Laracha, Carballo-A Coruña, acordou a celebración de poxa pública, na sala de audiencia deste xulgado, anunciándoa con vinte días de antelación, dos bens que logo se dirán, coas condicións seguintes:

1. Sinalouse para que teña lugar o remate da primeira poxa o vindeiro día dez de outubro de 1996, ás dez trinta horas, na sala de audiencias deste xulgado, polo tipo de 8.256.600 pesetas, respecto do predio sinalado coa letra A e de 1.722.000 pesetas respecto do predio sinalado coa letra B, sixado para tal efecto na escritura de préstamo.

2. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día cinco de novembro de 1996, ás dez trinta horas, na sala de audiencias deste xulgado, para a que servirá de tipo o 75% da primeira.

3. Se resultase deseta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindiero día vintenove de novembro de 1996, ás dez trinta horas, na sala de audiencias deste xulgado, sen suxeición a tipo.

4. Na primeira e segunda poxa non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

5. Para tomar parte en clquera das tres poxas, tódolos licitadores -a excepción do acredor demandantedeberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A. oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número de expediente ou procedemento seguinte: 1584/180058/1984, prsentando o xustificante de ingreso.

6. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravemes anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sne destinarse á súa extinción o prezo do remate.

7. Poderanse facer ofertas en prego pechado e o remate poderase verificar en calidade de cederllo a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.

8. No caso de que houbese que suspender claquera das tres poxas, trasladase a súa celebración para a mesma hora do seguinte día hábil dentro da semana na que se tivese sinalada a poxa suspendida.

9. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, agás a que corresponda

ó mellor licitador, que se reservará en depósito como garantía de cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo de venda.

10. Se o acredor o pedise ata o mesmo intre da celebración da poxa, tamén se poderán reservar en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que teñan cuberto coas súas ofertas os prezos da poxa, para o caso de que o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexaran aproveita-lo remate os outros licitadores e sempre pola orde delas.

11. A publicación do presente edicto sirva como notificación do sinalamento do lugar, día e hora ós debedores.

Bens obxecto da poxa.

Predio A.-Edificio que en realidade é unha nave, onde lle chaman «Chousa das Abelleiras», composto de planta baixa e unha entreplanta, que ocupa setecentos vintesete metros con setenta e cinco decímetros cadrados, cunha franxa de terreo sen edificar ó longo de todo o seu linde leste ou traseira. Forma un só circuíto de sete áreas, oitenta e dúas centiáreas e cinco decímetros cadrados. A planta baixa está ocupada en parte por dous locais, situados no seu linde oeste , nos seus ángulos noroeste e sudoeste respectivamente destinados a gardar ferramentas e o resto é un local sen dividir. A entreplanta ten un saínte polo oeste dun metro. O edificio ten un portal cara á fronte e centro do seu linde oeste, e unha porta de acceso á entreplanta situada á dereita, entrando no seu linde oeste. A entreplanta está ocupada por uns locais destinados a oficina e servicios. Linda, oeste e sur, resto do predio matriz, desta mesma pertenza; norte, de Ángela Villaverde Mosquera, e leste, outro predio

desta mesma pertenza.

Título, o de segregación e declaración de obra nova en escritura de 18 de abril de 1984, perante o notario de Ordes, Pablo Valencia Ces, nº 751.

Inscrición: inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 413, libro 96, folio 1, predio 12.704, inscrición 1º.

Predio B. Urbana, número oito. Piso cuarto da esquerda segundo se entra no edificio sito na avenida de Alfonso Senra, da vila de Ordes, destinado a vivenda. Con inclusión do saínte que fai pola súa fronte e do balcón que ten pola súa parte posterior, ten unha superficie útil de centro sete metros con corenta e seis decímetros cadrados. Linda: oeste ou fronte, avenida de Alfonso Senra e en parte patio de luces; norte, parede medianeira e aira de mallar de Babila Ferreiro Recouso; sur, piso primeiro da dereita entrando no edificio, e leste, predio de Ricardo Barreiro Ferreiro, lindando ademais en parte do sur e parte do leste co patio de luces. Asignóuselle unha cota de participación de once centésimas.

Título, o da compra, en escritura do 22 de outubro de 1979, perante o notario de Ordes Pablo Valencia Ces, nº 1945.

Inscrición: inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes ó tomo 396, libro 93, folio 122 e volto, predio número 12.513, inscrición segunda.

Santiago de Compostela, o vinteún de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O Secretario

Rubricado

5636