Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.423

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (298/1996-05).

En virtude do acordado en resolución dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo nos autos de proceso de cognición que se seguen neste xulgado co número 298/1996, por instancia de Javier Souto Torres, sobre elevación a público de contrato privado de compravenda, pola presente emprázanse os herdeiros descoñecidos e incertos de Manuela Calvo Rioboo, que foi veciña de Santiago de Compostela, r/ Fonte de Santo Antonio nº 10-3º, así como calquera persoa física e xurídica interesada na elevación a público do contrato de compravenda subscrito entre as partes, para que no improrrogable prazo de nove días compareza nos autos, baixo apercibimento de seren declarados en rebeldía e de recaer sobre el os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento en forma ós expresados demandados ós que se lles fai saber que as copias da demanda e documentos están ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trece de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Gonzalo Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

6658