Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.422

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (337/1993).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela tramítanse autos de xuízo de menor contía número 337/1993, nos que se dictou sentencia que ten o encabezamento e o pé do teor literal seguinte:

«Encabezamento: Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, viu os presentes autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 337/1993, por instancia de Ferrero Ribinetteria di Ricardo Ferrero C.S.N.C., representado polo procurador Castro del Río, asistido pola letrada Lafora Comas.

Resolvo que, estimando a demanda interposta pola representación de Ferrero Rubinetteria di Ricardo Ferrero C.S.N.C., contra Araujo Exclusivas Sociedad Limitada, debo condenar e condeno o referido demandado a lle aboar ó demandante a suma de 1.475.994 pesetas, importe da suma reclamada máis os xuros legais desde a data da presentación da demandada e custas do xuízo.

Notifíqueselle esta resolución ó demandado rebelde, de conformidade co prevido no artigo 769, en relación co 282 e 283 da Lei de axuizamento civil, de no poderse levar a cabo a notificación persoal.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación, por escrito, no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado, Araujo Exclusiva, S.L., expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o dezasete de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

5671