Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 16 de setembro de 1996 Páx. 8.422

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (299/1993).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de divorcio (5*) 299/1993, notifícaselles ós demandados a sentencia dictada neles, que no seu encabezamento e parte dispositiva é como segue:

«Vistos por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz de primeira instancia desta cidade e do seu partido, os autos de xuízo de divorcio (5*) 299/1993, promovidos por Joaquín Santamaría Agrelo, como

demandante, representado pola procuradora Peleteiro Bandín, contra María Isabel Paz Domínguez e o Ministerio Fiscal como demandado.

Decido que, estimando a demanda deducida pola procuradora Sra. Peleteiro Bandín, en nome e representación de Joaquín Santamaría Agrelo, debo declarar e declaro a disolución do matrimonio formado por Joaquín Santamaría Agrelo e Mª Isabel Paz Domínguez, mantendo as medidas acordadas con anterioridade. Todo isto sen facer especial condena nas custas procesuais causadas. Unha vez firme esta resolución, expídase o oportuno despacho ó Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio para a anotación marxinal desta na súa inscrición rexistral. Fagáselles saber ás partes no momento da notificación da presente, que contra ela poderán interpoñer, perante este xulgado no prazo de cinco días, recurso de apelación que coñecerá a Audiencia Provincial. Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á demandada Mª Isabel Paz Domínguez, declarada en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG que asino en Ribeira o once de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

5688