Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 11 de setembro de 1996 Páx. 8.334

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 30 de xullo de l996 sobre delegación de competencias en materia de casinos, xogos e apostas no director xeral de Interior da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Establecida a estructura orgánica dos órganos superiores desta consellería, polo Decreto 292/l996, do 26 de xullo (DOG nº 147, do 29 de xullo), desenvolvida pola Orde do 29 de xullo deste ano, de adscrición dos órganos dependentes ós novos centros directivos xurdidos da nova estructura e posto que se manteñen as circunstancias que deron lugar no seu día á Orde do 9 de marzo de l994, na que se delegaban as competencias reseñadas no director xeral de Xustiza e Interior, considérase necesario recorrer á delegación das competencias atribuídas a esta consellería en materia de casinos, xogos e apostas no director xeral de Interior, sen esquece-lo debido respecto ós principios que informan a actividade administrativa e que a nosa Constitución recolle no seu artigo l03.1º.

En consecuencia, e facendo uso das facultades que me confiren os artigos 43.3º da Lei l/l983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei ll/l988, do 20 de outubro, e l3 da Lei 30/l992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demáis disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo lº

Delégase no director xeral de Interior o exercicio das competencias administrativas que, en materia de casinos, xogos e apostas, teña atribuída a Con

sellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais polas disposicións normativas correspondentes.

Artigo 2º

Quedan excluídos, en todo caso, os supostos previstos nos artigos l3.2º e l27.2º da Lei 30/l992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 44.2º da Lei l/l983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, así como todas aquelas que pola súa natureza fosen indelegables.

Artigo 3º

As resolucións administrativas que se adopten facendo uso da delegación contida na presente orde farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas pola autoridade que as conferiu, esta poderá en calquera momento, reclama-lo exercicio das ditas competencias delegadas.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde desta consellería do 9 de marzo de l994, así como cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ó disposto na presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de l996.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

96-6655